Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34234

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para ser executada durante os anos 2019 e 2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 7 de xuño de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a realización polo sistema de administración, dun servizo de oficina técnica para o apoio ao deseño e a construción de dúas embarcacións patrulleiras para o servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar de accións de apoio á Consellería do mar, que teñen como finalidades últimas o seguimento no deseño e na construción de dúas embarcacións patrulleiras aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota pesqueira de Galicia. Ditas embarcacións patrulleiras, colaborarán en operacións de procura e salvamento marítimo e participación en actividades de loita contra a contaminación mariña.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 7 de xuño de 2019 ata o 30 de abril de 2020.

– Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019 e 2020, na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1; código do proxecto 2016 00287.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar