Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira, categoría policía local.

Mediante o Decreto da Alcaldía 201905/022, emitido o 6 de maio de 2019, resolveuse nomear a Juan Manuel García Navia, con DNI número ***3094**, funcionario de carreira do Concello de Ribeira, para ocupar unha praza de policía local, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo C1, incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2018, e provista polo sistema de mobilidade.

Este nomeamento terá efectos económicos e administrativos desde a data en que se tome posesión da referida praza, agás que na toma de posesión se dispoña outra data para a súa efectividade.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes, a partir da publicación do nomeamento no Boletín Oficial da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ribeira, 7 de maio de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde