Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34037

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de requirimento para a xestión de biomasa (expediente 659/2018).

Lugar: polígono 70, parcela 326-Valdoasno.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares descoñecidos, e de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, faise pública a comunicación da xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao desta publicación no DOG e no BOE, os interesados poidan consultar o contido íntegro do acto que se notifica e o correspondente expediente nas dependencias municipais situadas na estrada a Nogueira, 3, Luíntra, para que procedan a xestión da biomasa segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei, e Instrución 1/2018, ordinal 8º, relativa ás actuacións administrativas, e Ordenanza municipal reguladora de limpeza de terreos, soares e espazos públicos e de protección contra incendios forestais.

Nogueira de Ramuín, 3 de xullo de 2019

José César Parente Pérez
Alcalde