Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 78/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 78/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Parrado Bermúdez contra María Dolores Ferreiro Varela e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada María Dolores Ferreiro Varela en situación de insolvencia total por importe de 1.343,04 euros en concepto de principal (1.172,63 euros en concepto de salarios, vacacións non gozadas e horas extra, 164,28 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, e 6,13 euros en concepto de xuros do artigo 1108 CC), máis outros 134,30 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de María Dolores Ferreiro Varela, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza