Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 24 de xuño de 2019, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-02843-O-2018 e catro máis.

A persoa titular da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador PO-02843-O-2018 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Pontevedra, 24 de xuño de 2019

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

PO-02843-O-2018

3116-HDG

76583728F

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

27.3.2018; 8.13.00; PO-11; 3,5

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

PO-02844-O-2018

3116-HDG

76583728F

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

27.3.2018; 8.13.00; PO-11; 3,5

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 €

PO-02948-S-2018

4311-DJD

50438196R

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.3.2018; 9.54:00; avenida Madrid coa rúa Gandarón

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 €

PO-03057-S-2018

9005-DJB

39496747C

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

25.3.2018; 10.33.00; rúa Lugo coa rúa Doutor Cadaval

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

0 €

PO-03550-O-2018

V-0512-FB

34973319W

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.5.2018; 9.48.00; PO-542; 5,5

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 €