Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33762

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 8 de xullo de 2019 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esa consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as empregados/as públicos/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas; Área Central, s/n, 15781 Santiago de Compostela), nas súas áreas provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán achegar coa solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha empregado/a público con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela de considerarse oportuno, poderase declarar deserto o posto de traballo.

Sétimo. O prazo de toma de posesión posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleíra de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019

María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: MA.O19.10.000.36001.001.

Denominación: Xefatura da Área Provincial.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Pontevedra.

Nivel: 28A.

Complemento específico: 16.961,70.

Forma provisión: LD.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición Administración: A12 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA e Administración local).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de prefeccionamento de galego-RI).

00 FORMULARIO GALEGO.pdf