Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33740

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade á relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de outubro de 2018 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR604A).

O 9 de novembro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 31 de outubro de 2018, pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (procedemento administrativo PR604A).

Así mesmo, o 9 de novembro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 421644 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 3 de xuño de 2019 a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión e denegación de subvencións, con indicación de que se lles notificase aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 30.2 das bases reguladoras modificadas mediante a Resolución do 31 de outubro de 2018 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que, consonte o establecido no artigo 6 da Resolución do 31 de outubro de 2018, as actuacións están cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco da submedida 7.3 de «apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de Administración electrónica» do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR 2014-2020), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

Así mesmo, cómpre sinalar que, segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras da convocatoria aprobada mediante a Resolución do 11 de xaneiro de 2018, as subvencións concedidas ao abeiro das presentes bases quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos seguintes: Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013) e Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), segundo proceda.

En consecuencia, resolvo que se publique a relación de expedientes que resultaron beneficiarios da subvención, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 31 de outubro de 2018 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (procedemento administrativo PR604A; DOG núm. 214, do 9 de novembro de 2018).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.

d) Finalidade: subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida en zonas que non conten con acceso a este tipo de redes nin que existan plans de despregamento en curso para estas redes e, polo tanto, a empresa estea illada destas redes.

e) Entidades beneficiarias e cantidades concedidas de subvención para o ano 2019.

Expediente

Nome ou razón social

NIF

Subvención

PR604A_2019_077

Autopeysa, S.L.

B70234646

19.582,40€

PR604A_2019_076

Juan Gabriel Blanco Martínez

***2234**

15.228,00€

PR604A_2019_078

Aluminios Andy, S.L.

B15774847

11.851,20€

PR604A_2019_084

Automóviles Motor Racing, S.L.

B15224868

18.587,70€

PR604A_2019_131

Panama Band, S.L.

B70527999

7.281,00€

PR604A_2019_063

Progando, S.L.

B15751035

8.425,00€

PR604A_2019_064

Inversiones Pazo de Laia, S.A.

A27483478

11.044,50€

PR604A_2019_051

Cerámica Verea, S.A.

A15158405

16.318,50€

PR604A_2019_079

Piensos Fauna, S.L.

B15889561

15.249,30€

PR604A_2019_129

Márquez & Alce Consulting, S.L.

B70544846

14.245,00€

PR604A_2019_038

Nefab Pontevedra, S.L.

B82009317

4.777,97€

PR604A_2019_088

Philippe Copin

****7075*

19.890,00€

PR604A_2019_102

Nexia Infraestructuras, S.L.U.

B27802503

17.800,00€

PR604A_2019_097

Balneario do río Pambre, S.L.

B27249598

13.024,00€

PR604A_2019_065

Muebles Reigosa, S.L.

B36385599

4.721,30€

PR604A_2019_069

López Conde Manuel 000635550F, S.L.

B36477255

4.567,00€

PR604A_2019_091

Automoción Baltar, S.L.

B36244671

4.754,00€

PR604A_2019_114

Autos Santa Ana, S.L.

B36282085

4.721,30€

PR604A_2019_144

Juan José Valiño Fisteus

***8344**

7.781,50€

PR604A_2019_142

Jesús Santiso Gallego

***9346**

15.208,00€

PR604A_2019_123

O Retiro Arzúa, S.L.

B70342076

7.781,50€

PR604A_2019_060

A Portagandara, S.A.T.

V27360254

14.362,85€

PR604A_2019_137

E.S. JR.Valiño, S.L.U.

B15558794

15.207,50€

PR604A_2019_013

Cie Tecnologías, S.L.U.

B15638406

6.920,00€

PR604A_2019_049

Cusoviame S. Coop. Galega

F15025810

14.120,00€

PR604A_2019_094

Cusoviame S. Coop. Galega

F15025810

14.120,00€

PR604A_2019_061

Iniciativas turísticas de Ons, S.A.

A94084266

5.625,00€

PR604A_2019_062

Susiacuña, S.L.U.

B36449338

5.625,00€

PR604A_2019_135

Puertas Betanzos, S.L.

B70028584

9.870,00€

PR604A_2019_018

Marina náutica Arousa, S.L.

B36595346

5.100,00€

PR604A_2019_116

Regina Viarum, S.L.

B36361368

14.019,20€

PR604A_2019_127

Fliegl Ibérica, S.L.

B62810759

14.259,50€

PR604A_2019_067

Emilio Fernández Monzonis, S.L.U.

B27830322

3.920,00€

PR604A_2019_055

Tartas la abuela, S.L.

B15654106

17.132,50€

PR604A_2019_133

Xallas flejes y suministros del embalaje, S.L.

B15885171

17.132,50€

PR604A_2019_037

Maderas Silvar, S.L.

B15675432

13.050,00€

PR604A_2019_056

Saamil, S.C.

J70333984

18.918,90€

PR604A_2019_075

Saiga Muimenta, S.L.

B27257005

9.545,28€

PR604A_2019_099

Verónica Fernández Fernández

***0956**

12.090,64€

PR604A_2019_082

Avega, Sociedade Cooperativa Galega

F27279579

12.222,00€

PR604A_2019_046

Montajes metálicos Ingalux, S.L.

B27283514

5.301,00€

PR604A_2019_008

David Besteiro Rodríguez

***6063**

2.062,80€

PR604A_2019_010

Northwest insurers, S.L.

B32411340

2.062,80€

PR604A_2019_047

Udial, S.A.

A15356439

10.457,50€

PR604A_2019_012

Isalu 1890, S.L.

B27461037

2.062,80€

PR604A_2019_107

Servinoga, S.L.

B36301109

19.190,00€

PR604A_2019_039

Productos cárnicos Domínguez, S.L.

B15551534

18.722,00€

PR604A_2019_072

Ignacio de las Cuevas, S.A.

A08484107

9.715,00€

PR604A_2019_100

Adegas Tollodouro, S.A.

A36373058

15.000,00€

PR604A_2019_090

Explotaciones forestales Souto Carrillo, S.L.

B15738768

18.722,00€

PR604A_2019_092

Explotaciones forestales Souto Carrillo, S.L.

B15738768

18.722,00€