Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33650

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 183/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 183/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Sol Villaverde Lagares contra a empresa Villar Romero Express 24, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo:

Acepto a demanda formulada pola representación procesual da parte demandante fronte á demandada e, en consecuencia:

1. Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que une a parte demandante coa sociedade demandada.

2. Condénanse as demandadas a aboarlle á parte demandante a cantidade de 920,57 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, así como a cantidade de 4.454,98 euros en concepto de salarios debidos máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procedede a condena nesta instancia, debe observarse o que resulte de aplicación do artigo 33 do ET con notificación desta resolución.

Non se fai imposición das custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

Para que sirva de notificación en legal forma a Villar Romero Express 24, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza