Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de cancelación do convenio de Candedo, Louseiras e Fraga e Corno da Orrea, número de elenco 2717552, do concello de Meira (Lugo) (expediente 48/2018).

O 8 de marzo de 1996 foi aprobado o convenio de Candedo e Louseiras e Fraga e Corno da Orrea número de elenco 2717552, subscrito entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e Manuel Freijo Sobrado, Antonio Veiga Otero, José Ramón Abraira Nieto e José García Murado, en virtude dun poder notarial outorgado en Meira o 30.3.1994 ante o notario José Basanta Barro. A superficie conveniada foi de 251,50 ha.

O 24 de maio de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito asinado por Carlos Veiga Pérez, actuando en nome e representación da Sociedade de Fomento Forestal Sofor Monte de Candedo, no cal insta a Administración á cancelación de oficio do convenio de Candedo e Louseiras e Fraga e Corno da Orrea; número de elenco 2717552. Con posterioridade achega copia da resolución do expediente de inscrición no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal do 17 de agosto de 2018, co número de rexistro Sofor_010.

O 22 de novembro de 2018, o técnico do distrito X Terra Cha emite informe de que non ten constancia de ningunha cuestión que impida continuar coa tramitación deste expediente de cancelación do convenio. O 15 de maio de 2019 emite un informe complementario do anterior indicando:

a) Que a superficie da Sofor Monte de Candedo afecta o 86 % da superficie do convenio.

b) A relación de parcelas catastrais que, formando parte do ámbito do convenio, non se integraron na Sofor.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 21 de maio de 2019, o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o convenio de Candedo e Louseiras e Fraga e Corno da Orrea 2717552 non presenta saldo debedor.

A disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 245, do 28 de decembro) establece entre outras consideracións que:

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2021, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

Por todo isto, vaise propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a cancelación do convenio de Candedo e Louseiras e Fraga e Corno da Orrea, 2717552.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese á información pública o expediente de cancelación do convenio de Candedo, Louseira e Fraga e Corno da Orrea, número de elenco 2717552, do concello de Meira (Lugo). O acto adoptouno a xefatura territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, na Comarca Forestal de Meira-Distrito Forestal X Terra Chá (praza do Concello, s/n, 27420 Meira), no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo) e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/anuncios/avisos/vixentes/forestal/).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 26 de xuño de 2019

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo