Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019 referente á convocatoria para prover varias prazas vacantes.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 99, do luns 27 de maio de 2019, e número 116, do mércores 19 de xuño de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2015 e OEP 2017.

O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante a Resolución do 15 de maio de 2019, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público de 2015 e na oferta de emprego público de 2017, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: agrupación profesional. Clasificación: escala de administración xeral; subescala subalterna. Número de vacantes: 2. Denominación: subalterno.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial; subescala técnica; clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico superior en enxeñaría informática.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial; subescala técnica; clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector de urbanismo e medio ambiente.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado; e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 20 de xuño de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 18.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura