Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 187/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 187/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Rodríguez García contra a empresa Sepras, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Decido:

Estimo parcialmente a demanda sobre despedimento formulada pola representación procesual da parte demandante fronte á demandada e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante efectuado con data do 28 de febreiro de 2019, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, de ser o caso, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 6.774,80 euros (tras a dedución da indemnización xa aboada).

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 33,79 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sepras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza