Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de xullo de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/34/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 6 de xuño de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes en construción dunha edificación para uso residencial no lugar do Pazo, Santo André de Vea, no termo municipal da Estrada, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Cristina Villar Duro, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificase á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáise saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido dito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística