Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de xuño de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, de consignación do depósito previo á ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75 U.E. sobre emisións industriais nese concello (AC/16/248.01).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio infórmase da consignación do importe correspondente ao depósito previo á ocupación e indemnización por rápida ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75 U.E. sobre emisións industriais (clave AC/16/248.01), no concello das Pontes de García Rodríguez, correspondente aos predios e aos titulares que se sinalan no cadro anexo, porque non se puido efectuar a notificación.

Así mesmo, comunícase que, en virtude do disposto no artigo 52.6 da Lei de expropiación forzosa, se procederá á inmediata ocupación do ben afectado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

A Coruña, 26 de xuño de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Concello

Predio

Titular

Importe consignado

AC/16/248.01

As Pontes de García Rodríguez

13

Descoñecido

3.273,12 €