Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33288

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 28 de marzo de 2019, acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial en Galicia, e facultou o seu director xeral para a súa convocatoria, aprobación de créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicación e convocatoria das bases reguladoras

Publicar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial en Galicia, e convocar os ditos préstamos en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

b) O 31 de decembro de 2019.

Unha vez finalizado o prazo, non se admitirán máis solicitudes. Non obstante o anterior, no suposto de existir remanente de crédito cando finalice o prazo, mediante acordo do Consello de Dirección do Igape, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, poderase ampliar o prazo anterior co límite do 31 de marzo de 2020.

Terceiro. Dotación orzamentaria

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á partida orzamentaria, importes e distribución plurianual que se indican a seguir, logo da existencia de crédito adecuado e suficiente:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

09.A1-741A-8310

10.000.000

8.000.000

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de cinco meses desde a recepción no Rexistro do Igape da solicitude de préstamo.

Quinto. Axuda de estado implícita

As modalidades de préstamo que se habiliten conforme o anexo I das bases reguladoras poderán incorporar, se é o caso, unha axuda de estado implícita polo aforro de carga financeira para o beneficiario respecto a un préstamo que se podería obter no mercado. Para estes casos:

a) En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, que regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas, o texto da convocatoria e a información requirida no artigo 4 do devandito real decreto será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS poñerá o extracto da convocatoria á disposición do Diario Oficial de Galicia para a súa publicación.

b) Os requisitos das letras c), e), f), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras de préstamos Directos do Igape
para o financiamento empresarial en Galicia

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) é o instrumento básico de acción da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, planeando e executando as actuacións do Goberno autónomo para o apoio aos investimentos considerados estratéxicos no ámbito de Galicia.

O Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro) e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo) habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que, con carácter xeral, aprobe para ese efecto.

Historicamente, o Igape puxo en marcha diversos programas de préstamos, con recursos do Banco Europeo de Investimentos, con fondos estruturais europeos, e con cargo aos seus orzamentos, tanto mediante liñas específicas para emprendedores, sector audiovisual, industria 4.0 e innovación, como con liñas horizontais para facilitar o investimento e o financiamento de circulante para o crecemento, e demostrouse que estes programas constitúen unha ferramenta eficaz para favorecer o acceso ao crédito das empresas galegas, ao complementar o mercado bancario con produtos de financiamento público axeitados ao desenvolvemento de proxectos.

Actualmente, o Igape ten á disposición das pemes galegas as liñas de préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, coas que se cobren en parte as deficiencias do mercado financeiro. Non obstante, os requisitos de elixibilidade de proxectos, as incompatibilidades con outras axudas e outras limitacións impiden cubrir plenamente as necesidades financeiras para a implantación e o desenvolvemento de determinados proxectos empresariais de interese para Galicia.

En coherencia co anterior, o Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 28 de marzo de 2019, acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial, establecendo varias modalidades de préstamos e de acordo cos seguintes artigos.

Artigo 1. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior número 1. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se van aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigacións que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise establecida nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación Comisión 2014/C 249/01) ou normativa que a substitúa.

c) As entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Características dos proxectos que se van financiar

1. O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de préstamo.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

2. Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

3. Actividades financiables. Os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Artigo 3. Conceptos de gasto financiables

1. Sen prexuízo das limitacións establecidas no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, poderán ser financiados os seguintes elementos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministracións de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan xeral de contabilidade, por canto, unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto, poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.

d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, que deberá cumprir os seguintes tres requisitos:

1º. A contía financiable por este concepto será calculado pola solicitante, sustentando as súas necesidades cunha metodoloxía analítica, sobre a base das previsións de incremento de actividade a consecuencia do proxecto, detallando custos, marxes e períodos medios de pagamentos a provedores, almacenamento, fabricación, venda e cobramento a clientes.

2º. Na finalización do período de execución do proxecto, deberá acreditarse que o capital circulante se incrementou na contía financiada. Para estes efectos, entenderase como capital circulante o valor das existencias (mercadorías, materias primas, outros aprovisionamentos, produtos en curso e produtos terminados) máis o saldo resultante da diferenza entre as contas de clientes e as de provedores máis acredores por prestación de servizos. O total destes saldos contables deberá terse incrementado na data de fin do prazo de execución, en contía equivalente á financiada por este concepto.

3º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade serán aplicados ao pagamento de conceptos de gasto corrente do exercicio. A beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, na cal aboará as disposicións e poderanse cargar exclusivamente:

i) Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos, mediante transferencia ou pagamento de efectos.

ii) Pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións.

iii) Pagamento de nóminas e seguros sociais.

iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica.

v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

Os fondos non poderán destinarse a refinanciar débedas bancarias, saneamento de contas, ou a atender vencementos de cotas de préstamos, leasing ou outras operacións financeiras, nin utilizarse como depósito para constituír garantías. En ningún caso se realizarán disposicións en efectivo, cheques ao portador ou transferencias a outras contas da mesma empresa, aínda que posteriormente sexan aplicados ás finalidades previstas.

e) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, coa excepción do IVE cando non sexa recuperable.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, e neste momento deberá constar o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior número 2, tamén poderán ser financiada a obra civil en inmobles sobre os cales exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou estean alugados por entidades non vinculadas ao beneficiario.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario do préstamo e o provedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia beneficiaria.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, logo de petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite, mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.

Artigo 4. Características dos préstamos

1. As características específicas de cada modalidade de préstamo serán as detalladas no anexo I.

2. Importe do financiamento: os importes mínimos e máximos do financiamento e a porcentaxe de investimento financiable serán os establecidos no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo. O importe nominal da operación de financiamento non superará en ningún caso a suma dos conceptos financiables do proxecto pendentes de pagamento.

3. Reembolso: os préstamos serán reembolsables nos prazos e coas carencias sinaladas no anexo I.

A beneficiaria terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial da operación financeira, solicitando a liquidación mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

Os pagamentos da beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e custo das operacións financeiras serán realizados mediante transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben mediante domiciliación na conta que a beneficiaria designe, para o que a titular deberá presentar debidamente cuberto o formulario Orde de domiciliación de débito directo SEPA que se incorpora no anexo VI.4. As liquidacións periódicas dos importes para ingresar ou para cargar na conta de domiciliación serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular, a título informativo, ao enderezo de correo electrónico sinalado no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá a titular da obriga de pagamento nos prazos establecidos. O pagamento da liquidación fóra de prazo de vencemento supoñerá a devindicación de xuros de mora conforme o pactado no contrato de financiamento.

4. En caso de producirse o incumprimento total ou parcial das condicións do contrato de financiamento, o Igape poderá dalo por vencido e requirirá o reembolso total ou parcial, segundo corresponda, do capital vivo e dos xuros devindicados, sen prexuízo da obrigación de reintegro da subvención implícita a que puider dar lugar o expediente de incumprimento, conforme o artigo 18 destas bases.

5. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas segundo as características de cada operación, de acordo co establecido para cada modalidade no anexo I.

6. Dereito privado: os contratos mediante os cales se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado.

Artigo 5. Custo do financiamento, consideración de axuda de estado e compatibilidade

1. Con carácter xeral, os préstamos previstos nestas bases reguladoras obrigarán a beneficiaria ao pagamento de xuros sobre a débeda viva, ata o total reembolso, calculados a un tipo determinado conforme a Comunicación da Comisión Europea de revisión do método de fixación de tipos de referencia e actualización 2008/C 14/02 (DOCE do 19 de xaneiro), con base na cualificación de risco de crédito da titular e das garantías que o Igape tome, de acordo coa metodoloxía descrita no anexo II.

Non obstante, cando así se prevexa na correspondente modalidade do anexo I, o tipo de xuro poderá resultar inferior ao de mercado que correspondería en aplicación da Comunicación da Comisión Europea antes citada. Neses supostos:

a) Na resolución de concesión determinarase a axuda implícita conforme a metodoloxía descrita no anexo III, que equivalerá ao aforro da carga financeira que supón para a beneficiaria.

b) A beneficiaria aceptará a contía determinada cando instrumente a operación, obrigándose a reintegrar a vantaxe financeira da que gozase indebidamente no caso de incumprimento das condicións da axuda.

c) Esta axuda implícita terá a consideración de axuda de minimis e cumprirá co establecido na normativa de minimis que lle sexa de aplicación ao titular: Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, Regulamento (UE) nº 1408/2013 das axudas de minimis no sector agrícola e Regulamento (UE) nº 2019/316 que o modifica, ou Regulamento (UE) nº 717/2014 das axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

d) As axudas de minimis considéranse concedidas no momento en que se lle recoñeza á empresa o dereito legal a recibir a axuda en virtude do réxime xurídico nacional aplicable, con independencia da data de pagamento da axuda de minimis á empresa. En consecuencia, as variacións nas condicións financeiras de mercado posteriores á concesión non afectarán o cálculo da subvención bruta equivalente.

2. Os préstamos recollidos nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos en que se prevexa axuda implícita, serán compatibles con outras coa condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder o préstamo, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 6. Criterios de selección de proxectos

1. Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme os seguintes criterios:

a) Baremación específica do proxecto para a modalidade de préstamo solicitada: valoraranse as solicitudes conforme os criterios específicos de avaliación previstos, se é o caso, no anexo I para cada modalidade.

b) Cualificación do risco de crédito: conforme a metodoloxía de avaliación descrita no anexo IV, cualificarase o proxecto nunha das seguintes cinco categorías: excelente (AAA-A), boa (BBB), satisfactoria (BB), deficiente (B), ou mala/dificultades (CC).

c) Cualificación da garantía, conforme os criterios descritos no anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: alta, normal e baixa.

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas nas alíneas 6.1.a) e b) anteriores, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos nos citados anexos I e IV respectivamente. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos, será denegada.

3. As solicitudes que cumpran os requisitos destas bases e superen os limiares de puntuación sinalados no número anterior deste artigo serán aprobados por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento da convocatoria para as distintas modalidades de préstamos, en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 7. Solicitudes

1. Forma e lugar de presentación de solicitudes.

Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.igape.es/gl/oficina-virtual

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador do documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

As solicitudes de préstamo presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de modo obrigatorio na citada aplicación informática e que se achega como anexo VI.1 a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou aquelas en que este sexa erróneo (sexa porque teña un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concedéronselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda; transcorrido este, considerarase que desistiron da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

Unha vez xerada a solicitude, deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo VI.1), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As solicitudes de préstamo e a achega da documentación realizaranse por medios electrónicos, incluídas as persoas físicas, tendo en conta que, ao ter a condición de empresarios, se considera acreditado o acceso e a dispoñibilidade de medios para o efecto, sen prexuízo do cal se pon á disposición as oficinas do Igape e un número de teléfono específico de información especializada, para prestarlles a asistencia e os medios técnicos para o efecto.

No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a corrección.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido, tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e cos seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá anexar necesariamente un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

d) Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante de recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación específica sinalada no anexo I para cada modalidade de préstamo.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electrónicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de persoas xurídicas:

1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, de ser o caso, no rexistro competente.

2º. Contas anuais, auditadas de ser o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.

3º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

f) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estaren as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

g) De ser o caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

h) Relación detallada dos investimentos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

i) Copia do contrato de alugamento/concesión/superficie do inmoble obxecto do proxecto de investimento, de ser o caso.

j) Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

Así mesmo, de conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 7.2. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que se poderá requirir a exhibición do documento orixinal.

Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá dixitalizar previamente os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do devandito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

3. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigacións tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

h) Certificado da renda do último exercicio no caso de persoas físicas ou comunidades de bens.

i) Para o estudo da solicitude e o seguimento posterior das operacións, será necesario cualificar o risco de crédito. Exclusivamente con esta finalidade poderanse solicitar informes de solvencia financeira da solicitante e dos seus avalistas, dos rexistros mercantís e da propiedade, da Central de Información de Riscos do Banco de España, así como de bases de datos, públicas e privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Investimento do Igape será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión. O Comité de Riscos previsto no artigo 10.4 elevará proposta de resolución favorable ou desfavorable ao Consello de Dirección do lgape, que será o órgano competente para resolver.

Artigo 10. Instrución dos procedementos, resolución e notificacións

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achega dos documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa que, se así non o fixese, se considerará desistido na súa petición, despois da correspondente resolución. Este requirimento de corrección tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 8 destas bases resulta que o solicitante non se atopa ao día no pagamento das súas obrigacións tributarias e sociais co Estado e coa Comunidade Autónoma.

2. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos dos órganos instrutores, en función dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada, sen prexuízo de que para a cualificación do risco de crédito poida solicitarse información da solvencia da solicitante e dos seus avalistas, para o que se poderán consultar as informacións dos rexistros mercantís e da propiedade, Central de Información de Riscos do Banco de España, así como bases de datos, mesmo privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

3. Os servizos técnicos do órgano instrutor emitirán informe co seguinte contido:

a) Descrición do solicitante e do proxecto.

b) Comprobacións do cumprimento dos requisitos do beneficiario e de elixibilidade do proxecto.

c) Determinación do importe do proxecto financiable e da contía do investimento proposto.

d) Baremación específica do proxecto consonte os criterios do anexo I.

e) Cualificación do risco de crédito consonte a metodoloxía do anexo IV.

f) Valoración das garantías conforme os criterios do anexo V.

g) Nas modalidades de préstamo en que así se determine no anexo I, cálculo da subvención bruta equivalente implícita na operación financeira proposta conforme o anexo III.

De ser o caso, anexaranse os informes doutros organismos sectoriais e os sinalados no anexo I para cada modalidade de préstamo.

4. Comité de Riscos: estará formado por un número impar de membros e incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e das correspondentes consellerías sectoriais. Ademais, poderá solicitar a presenza como asesor/a doutro persoal representante de calquera Administración pública, que non participará nas votacións.

O Comité de Riscos supervisará e validará as valoracións dos proxectos incluídas nos informes técnicos mencionados no artigo 10.3 anterior, e poderá acordar axustes cualitativos na puntuación sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar a proposta de resolución favorable ou desfavorable. Alternativamente, poderá pospoñer a decisión se considera necesario ampliar a información para unha mellor avaliación; nese caso, considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución prevista no artigo 6.3.

5. O Consello de Dirección do Igape poderá decidir, mediante acordo motivado, a realización de actuacións complementarias indispensables para resolver o procedemento, incluída a ampliación de información para unha mellor avaliación e a petición de informes complementarios. Nestes casos, considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución prevista no artigo 6.3.

6. No acordo de concesión de préstamo farase constar, entre outros datos, a identificación da prestameira, o importe do investimento financiable e non financiable, con descrición dos conceptos de gasto financiable, o importe do préstamo, o tipo de xuro aprobado, o seu prazo de vixencia e de carencia, se é o caso, a subvención bruta equivalente calculada con base na diferenza entre os xuros aprobados e os xuros de mercado, os prazos de execución do proxecto, de formalización e de disposición, a descrición das garantías para constituír a favor do Igape, así como outras obrigacións e compromisos que se poidan requirir á prestameira, e os demais requisitos previstos na normativa comunitaria.

No acordo denegatorio do préstamo farase constar o motivo da denegación.

7. As notificacións dos actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificación de recepción telemática).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) De forma potestativa, recurso previo de reposición ante o Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 12. Formalización das operacións financeiras

1. As empresas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de financiamento nos prazos establecidos no acordo de concesión. Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen formalización, decaerá a concesión e arquivarase o expediente, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo.

2. Serán por conta da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que a dita operación devindique.

Artigo 13. Disposición dos fondos

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso, este prazo non superará o 31 de decembro de 2020 nin o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase por solicitude da beneficiaria, conforme o modelo do anexo VI.2.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo VI.2), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán acreditar os requisitos e achegar a documentación sinalados a seguir, así como aqueles outros que, se é o caso, se establezan no acordo individual de concesión:

a) Será necesario acreditar previamente a existencia de débeda cos provedores dos bens para financiar mediante facturas, contratos, facturas pro forma ou orzamentos debidamente aceptados.

b) En proxectos xa iniciados, e sempre para a segunda e posteriores disposicións, será necesario acreditar documentalmente a realización e o pagamento dos investimentos executados mediante facturas, xustificantes de pagamento e extractos bancarios.

c) Con carácter xeral, a parte do proxecto financiada con fondos propios ou con outros fondos alleos será executada e pagada con anterioridade á utilización do préstamo ou simultaneamente. En caso de pagamento simultáneo, a prestameira deberá acreditar, mediante certificación bancaria, a dispoñibilidade líquida para o pagamento da parte non financiada co préstamo.

d) Conforme o artigo 51 da vixente Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, a prestameira deberá acreditar que se atopa ao día no pagamento das obrigacións de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, mediante certificación do órgano competente, ou cando non se poida acreditar doutra maneira, mediante unha declaración responsable da prestameira.

Non será necesario acreditar os requisitos e achegar a documentación establecidos nas alíneas a), b) e c) cando o reembolso dun tramo do préstamo figure avalado mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca.

Os avais bancarios ou de sociedade de garantía recíproca achegados pola beneficiaria en garantía da execución e correcta xustificación ante o Igape dos investimentos aprobados no acordo de concesión serán liberados unha vez que conste xustificado o proxecto, conforme o establecido no artigo 17 das bases.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a titular deberá presentar ante o Igape a primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada, e será requisito que as garantías que, de ser o caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto o Igape emitirá resolución en que anule o compromiso pola parte non disposta e, se é o caso, axustarase o importe da subvención bruta equivalente implícita no produto ao importe efectivamente utilizado.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pagamento dos conceptos de gasto financiables aprobados no acordo de concesión.

6. Para a parte dos fondos da operación destinados a financiar capital circulante, a beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, coa operativa sinalada no artigo 3.1.d).3.

Artigo 14. Período de execución do proxecto

1. O período de execución do proxecto iniciarase e finalizará nas datas que se indiquen no acordo de concesión.

2. Todos os xustificantes da realización e pagamento dos investimentos deberán estar datados nese período, así como calquera outra condición establecida no acordo de concesión, salvo que expresamente se estableza outro prazo. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de execución.

Artigo 15. Modificación do acordo de concesión

1. Unha vez ditado o acordo de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas á contía do investimento financiable sempre que se manteña nos límites e porcentaxes máximos de operación financeira respecto do investimento previstos nestas bases, ao plan de financiamento, á localización, ás garantías, á composición do capital (no caso de sociedades mercantís), cambios de titularidade, operacións de fusión ou escisión e variacións entre partidas ou de conceptos de gasto.

2. O beneficiario deberá solicitar a modificación presentando a súa instancia dirixida ao Consello de Dirección do Igape.

O acto polo que se acorde a modificación do acordo será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados. Con todo, poderá prescindirse deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

3. O Igape poderá rectificar de oficio o acordo cando dos elementos que figuren nel se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

4. Os prazos para a formalización e disposición dos fondos das operacións, así como os prazos de execución dos proxectos poderán ser modificados, logo de solicitude dos interesados, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape despois do informe da Área de Investimento. Só se poderá autorizar a prórroga por un prazo máximo da metade do prazo inicial e exclusivamente nos casos en que se acredite que o atraso non é por causa imputable ao beneficiario.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigacións dos prestameiros:

a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da operación financeira.

b) Executar o proxecto que fundamenta a concesión do préstamo no prazo establecido no acordo de concesión.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e/ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos e investimentos financiables, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, 4 anos desde a concesión do préstamo.

d) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades financiadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da axuda poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere os límites máximos de intensidade da axuda que sexan de aplicación.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos financiados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

f) No caso de que non se poida realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

g) Proceder ao reintegro anticipado da operación financeira e, se é o caso, da subvención bruta equivalente implícita, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Ademais do anterior, para as modalidades de préstamo que teñan axuda implícita:

– Achegar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obrigación serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

– As demais obrigacións que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Xustificación do proxecto

1. A aplicación da operación financeira ao pagamento dos gastos financiables do proxecto acreditarase documentalmente ante o Igape nun prazo máximo de 4 meses desde a finalización do prazo de execución indicado no acordo de concesión. Dentro do mesmo prazo, deberá xustificarse tamén a execución e pagamento dos investimentos financiados coas restantes fontes, distintas á operación do Igape.

2. Para presentar a documentación xustificativa, o beneficiario deberá cubrir previamente o formulario de xustificación a través da aplicación establecida no enderezo da internet (http://tramita.igape.es).

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. Este IDEL estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación citada anteriormente.

A solicitude de xustificación presentarase mediante a solicitude normalizada que a título informativo figura como anexo VI.3 a estas bases, na cal será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de xustificación que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao comezo do expediente de incumprimento no caso de non ser corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerado o formulario de xustificación, a solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da instancia de solicitude de cobramento normalizada co IDEL (anexo VI.3), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, o beneficiario deberá achegar coa solicitude de xustificación as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 17.5. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Exceptúanse do anterior os documentos que, de conformidade co artigo 17.5, deban ser orixinais (orixinal en formato electrónico ou copia auténtica). No caso de que o documento orixinal estivese en formato papel, o beneficiario deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, con carácter previo á súa presentación electrónica.

4. No caso de que a xustificación non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a resolución e o vencemento anticipado do préstamo, e se é o caso, a perda da axuda implícita na súa concesión, con obrigación de reintegro do préstamo pendente e da subvención implícita equivalente, segundo o disposto no artigo 45.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, poidan corresponder. A xustificación cumprirá os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Xunto ao formulario de xustificación o beneficiario presentará:

a) Orixinal das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento financiable. No caso de obra civil de inmobles arrendados e/ou en réxime de concesión administrativa e/ou dereito de superficie, deberá achegarse o contrato de arrendamento/concesión/superficie.

b) A documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria ou documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, así como o seu cargo na conta. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e estarán debidamente selados pola entidade financeira, e asinados polo beneficiario. Os extractos bancarios a través da internet deberán ter estampado o selo orixinal da entidade financeira ou dispoñer dun código para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade financeira.

2º. Certificación bancaria conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como a data efectiva deste.

3º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos investimentos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como financiables no expediente.

No caso de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberá achegarse unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto financiado, a xustificación do pagamento debe realizarse sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con fotocopia dos documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

c) No caso de que o proxecto financiado inclúa obra civil, deberá constar a licenza municipal que sexa requirida ou, no caso de obras menores, a comunicación previa prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

d) Comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, no caso de proxectos de creación dun novo establecemento.

e) Para a xustificación do capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, deberán achegar extracto da conta bancaria específica a que se refire o artigo 3.1.d).3 destas bases xunto á xustificación documental dos destinos dos fondos, isto é: facturas de provedores e acredores, nóminas e xustificantes dos importes correspondentes ás retencións e ingresos á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e dos gastos da Seguridade Social, recibos de primas de seguros e, en todos os casos, xustificantes bancarios de pagamento segundo o establecido na anterior alínea b).

Ademais, deberase xustificar o incremento da suma de saldos contables das existencias (mercadorías, materias primas, outros aprovisionamentos, produtos en curso e produtos terminados) máis o saldo resultante da diferenza entre as contas de clientes e provedores. Os saldos estarán referidos aos seguintes balances de situación:

1º. Balance inicial: será o balance de situación máis recente presentado para o estudo da operación financeira.

2º. Balance final: coincidirá co do último día do mes anterior ao da data de finalización do período de execución. Se esta data é diferente á do peche do exercicio económico, deberase achegar, ademais do balance de situación, un inventario valorado e detallado das existencias, así como un balance de sumas e saldos comprensivo dos saldos de clientes e provedores, en que se poida identificar o terceiro. Cos citados documentos deberán achegarse declaración responsable de coincidencia cos rexistros contables da empresa. Cando o importe aplicado ao capital circulante supere 300.000 €, achegarase un informe de revisión limitada, emitido por auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, da comprobación dos saldos de existencias, provedores e clientes no balance final, que inclúa a verificación do inventario e confirmacións de terceiros.

f) A documentación específica establecida no anexo I para a respectiva liña de préstamo.

6. O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario de xustificación os seguintes datos relativos á contabilidade, nos cales se reflictan os custos financiados para acreditar a obrigación establecida no artigo 16.1.e): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación financiada.

7. Nos casos en que a xustificación documental resulte insuficiente ou excesivamente complexa para acreditar o importe e a realización de determinados gastos, o Igape poderá solicitar que se presente informe de auditoría independente.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que poderá supoñer a resolución e vencemento anticipado, total ou parcial, do préstamo con obriga de reintegro do préstamo pendente e, se é o caso, a perda ou modificación da axuda implícita na concesión do préstamo con obriga de reintegro da subvención implícita equivalente.

9. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non se reduza o importe total de investimento financiable, nin se desvirtúen as características do proxecto nin as condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

10. Cando o beneficiario do préstamo poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a súa concesión que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da operación, e que poidan dar lugar á modificación do acordo de concesión conforme o artigo 15 destas bases, logo de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

11. O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación achegada e/ou, de ser o caso, os informes doutras entidades públicas.

Artigo 18. Incumprimento de condicións de concesión dos préstamos

1. A falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas no acordo de concesión, e/ou das obrigas contidas na normativa aplicable, dará lugar á declaración de incumprimento de condicións de concesión do préstamo e, se é o caso, á obrigación de devolver total ou parcialmente a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes.

2. O incumprimento considerarase total, con obriga de devolver totalmente, se é o caso, a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes, sen prexuízo do expediente sancionador que poida proceder, nos seguintes casos:

a) Obter o préstamo sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da axuda, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute do préstamo.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento financiable quede por baixo do mínimo establecido no anexo I para a respectiva modalidade de préstamo.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida no acordo de concesión e, se é o caso, establecendo a correspondente obriga de reintegro.

En caso de condicións referentes á contía ou conceptos do investimento financiable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados financiables, e deberá, se é o caso, reintegrarse a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro na devandita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50 % do investimento financiable do proxecto, entenderase que o devandito incumprimento é total, debendo reintegrarse, se é o caso, a totalidade da subvención implicitamente percibida en forma de redución do custo financeiro, e os seus xuros de mora. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento e, cando o incumprimento supere o 50 %, rescindirase integramente.

En caso de incumprir a obriga de achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % dos custos financiables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo, o grao de incumprimento determinarase proporcionalmente ás contribucións exentas de apoio público efectuadas.

4. O importe da axuda implicitamente percibida determinarase pola diferenza dos custos financeiros soportados polo titular e aqueles que deberían corresponder nas condicións de mercado consideradas para o cálculo da subvención bruta equivalente, contías que se considerarán percibidas pola beneficiaria nas datas das cotas vencidas.

Artigo 19. Amortización anticipada obrigatoria e resolución do contrato de financiamento

1. O Igape poderá resolver o contrato de financiamento, declarando vencido anticipadamente o seu crédito cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) A falta de pagamento pola prestameira do principal e dos xuros do préstamo por importe equivalente a tres meses.

b) A inexistencia, inexactitude substancial ou falsidade de información facilitada pola prestameira na solicitude de préstamo que fose determinante para a súa aprobación.

c) Que fose declarado o incumprimento de condicións e, se é o caso, a perda do dereito á subvención implicitamente percibida nos supostos recollidos no artigo 18 das presentes bases.

2. A prestameira quedará obrigada ao pagamento das obrigacións procedentes do contrato no termo de cinco días naturais contados desde a data da notificación da resolución. Se a prestameira incumprise a obrigación de pagamento no prazo antes sinalado, o Igape poderá, desde o día seguinte, sen máis aviso nin dilixencia e en calquera tempo, reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite polo contrato, tanto por capital, como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son exixibles.

3. O Igape poderá modificar o calendario de amortización do préstamo, declarando vencida anticipadamente parte do principal cando se produza o incumprimento parcial de condicións e, se é o caso, a perda parcial do dereito á subvención. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento.

Artigo 20. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas operacións financeiras someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 21. Publicidade

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía, Emprego e Industria incluirán as axudas concedidas ao amparo destas bases e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as subvencións concedidas ao amparo destas bases na páxina web do Igape (www.igape.es) e no Diario Oficial de Galicia, expresando a norma reguladora, o beneficiario, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios.

3. A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións. Con todo, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

4. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Artigo 22. Información básica sobre protección de datos de carácter persoal

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento, todo iso de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nas presentes bases reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro) e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo) que habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

b) Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización 2008/C 14/02 (DOCE do 19 de xaneiro).

c) Respecto das modalidades de préstamo que teñan axuda implícita aplicarase o establecido nos regulamentos nº 1407/2013/UE da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), Regulamento (UE) nº 1408/2013 das axudas de minimis no sector agrícola e Regulamento (UE) nº 2019/316 que o modifica, ou Regulamento (UE) nº 717/2014 das axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura, así como a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro, que aproba o seu regulamento.

d) En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Anexo I

Modalidades de préstamos

1.1. Préstamos para investimentos estratéxicos.

A ) Obxecto.

Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes; valorarase especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

B) requisitos específicos dos beneficiarios.

Os establecidos no artigo 1 das presentes bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo.

C) Requisitos específicos do proxecto para financiar.

C.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 1.500.000 € máis impostos.

Este límite non se aplicará aos proxectos que, ao amparo do previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, sexan declarados proxecto empresarial singular ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os conceptos sinalados no artigo 3, letras a) Bens tanxibles e b) Bens intanxibles.

D) condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 750.000 € e o máximo de 5.000.000 €.

O importe mínimo anterior non será de aplicación nos proxectos que sexan declarados proxecto empresarial singular ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro, cun máximo de 12 anos; poderase incluír carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario.

Con carácter xeral, o tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme o anexo II destas bases. Non obstante o anterior, o tipo de xuro aplicable aos préstamos para proxectos consistentes en apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de activos/unidades produtivas que, de non seren adquiridas, terían cesado no negocio, será inferior en 1,5 puntos porcentuais ao determinado conforme o anexo II. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0 %.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme a seguinte fórmula:

(C×R×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual a pagadoiro trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C×R)/400

D.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita.

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro se determinará aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión, para que poidan ser considerados de mercado.

Non obstante o anterior, cando se aplique a rebaixa no tipo de xuro prevista no punto D.3.a) anterior para os préstamos para proxectos consistentes na apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de unidades produtivas que, de non seren adquiridas, terían cesado no negocio, incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

D.4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

D.5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

E) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 7.2, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria do proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Descrición do proxecto: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

d) Análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesouraría). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do proxecto de investimento.

e) Relación de investimentos que se pretenden realizar que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: (robotización e robotización colaborativa, fabricación aditiva, sensórica e actuadores mecatrónicos, sistemas ciber-físicos, automatización total ou estendida, intercomunicación máquina-máquina, conectividade total ou estendida, vehículos autónomos-optimización de fluxos e redución de custos, personalización de produtos, internet das cousas, internet de equipamentos e máquinas, dixitalización, Big Data, cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria, Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministración coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos, Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

F) Criterios específicos de avaliación.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas nos seguintes criterios:

F1) Sector de actividade.

a) Co fin de reforzar o aliñamento dos proxectos seleccionados aos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia, puntuaranse con 40 puntos os proxectos dos seguintes sectores: 1. Sector da automoción. 2. Industria da madeira. 3. Industria de transformación agroalimentaria. 4. Sector téxtil/moda (confección e complementos), excepto o que se refira ao sector das fibras sintécticas tal como o define o anexo II das directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE do 4.3.2006. 5. Industria aeronáutica/aeroespacial e auxiliar. 6. Sector naval/industria marítima. 7. Sector químico e industria farmacéutica. 8. Fabricación de material sanitario. 9. Biotecnoloxía, biomecánica, novos materiais, ecoindustria. 10. Fabricación de equipos ambientais. 11. Fabricación de equipos e sistemas para instalacións de enerxías renovables. 12. Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos. 13. Servizos e desenvolvemento de software. 14. Sector audiovisual e desenvolvemento de contidos. 15. Centros telemáticos. 16. Industria vinculada á biomasa. 17. Industria da pedra natural. 18. Industria da saúde e do benestar. 19. Industrias creativas.

b) Os proxectos que non se encadren na alínea a), pero que desenvolvan a súa actividade en sectores incluídos no concepto de nova industria na Axenda de competitividade Galicia Industria 4.0, puntuaranse con 30 puntos:

CNAE 05 a 09. Industrias extractivas.

CNAE 10 a 33. Industria manufactureira.

CNAE 35 a 39. Subministracións de enerxía e auga e xestión de residuos.

CNAE 46. Comercio por xunto e intermediarios, excepto de vehículos de motor.

CNAE 49 a 53. Transporte e almacenamento.

CNAE 58. Edición.

CNAE 61 a 63. Telecomunicacións e actividades informáticas.

CNAE 69 a 75. Actividades profesionais, científicas e técnicas.

CNAE 80 a 82. Actividades de seguranza e investigación e outras actividades auxiliares das empresas.

c) Os proxectos que non se encadren nas alíneas a) ou b) obterán unha puntuación de 20 puntos no caso de pertencer aos seguintes sectores:

CNAE 31 a 32. Pesca e acuicultura.

CNAE 42 a 43. Enxeñaría civil e construción especializada.

CNAE 55 e 56. Servicios de hostalaría.

CNAE 87. Asistencia en establecementos residenciais.

F2) Os proxectos declarados proxecto empresarial singular, ou que formen parte dun proxecto declarado proxecto empresarial singular, ao amparo do previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, puntuaranse con 20 puntos.

F3) Aproveitamento de recursos endóxenos. As actividades que supoñan a utilización de materias primas ou recursos da súa contorna, prevexan a adquisición de aprovisionamentos a provedores locais aumentando a súa sinerxía, ou os bens obxecto do investimento sexan adquiridos a provedores locais puntuaranse cun máximo 20 puntos. Esta puntuación máxima elevarase a 30 puntos cando os bens obxecto de investimento sexan adquiridos a empresas galegas dos sectores recollidos no punto F.1.a) anterior.

F4) Grao industrial das actividades. Puntuarase cun máximo de 20 puntos, que se obterán dividindo entre 5 os puntos porcentuais de actividades industriais desenvolvidas pola empresa.

F5) Xeración de novos mercados e potenciación da exportación: máximo 10 puntos.

F6) Investimento predominantemente en bens de equipamento, entendéndose por tal cando o investimento en bens de equipamento sexa o concepto de gasto financiable de maior importe: 10 puntos.

F7) O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: 10 puntos.

F8) Emprego vinculado: máximo 30 puntos, calculado segundo a fórmula: (nº medio de empregados do último exercicio segundo contas anuais + expectativas de creación de emprego)/préstamo en miles de € × 100.

1.2. Préstamos para financiar investimentos en elementos de transporte de mercadorías por estrada propulsados por motores de combustibles alternativos.

A ) Obxecto.

Financiar proxectos de ampliación ou de modernización de frotas de vehículos destinados ao transporte de mercadorías por estrada, propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles homologados alternativos ao gasóleo, como gas natural licuado (GNL), gas natural comprimido (GNC), gas licuado do petróleo GLP/autogás, ou biofuel/autogás, así como os investimentos para a creación de infraestruturas de reposición destes combustibles en Galicia.

B) Requisitos específicos dos beneficiarios.

Os establecidos no artigo 1 das presentes bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo.

C) Requisitos específicos do proxecto para financiar.

C.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os seguintes bens tanxibles, incluídos no artigo 3.1.a):

– A adquisición dos elementos de transporte propulsados por motores de combustión interna que utilicen os combustibles homologados relacionados na alínea A) anterior, máis todos os elementos necesarios para a súa posta en servizo, sempre que se utilicen para o desenvolvemento da actividade empresarial da titular.

– Os investimentos en terreos, construcións, instalacións técnicas e maquinaria necesarios para as infraestruturas de reposición dos combustibles relacionados na alínea A) anterior, xa sexa para uso da propia frota da empresa como para dar subministración a terceiros.

Exclúese a compra de activos por parte de concesionarios para a súa posterior venda, arrendamento financeiro ou cesión de uso.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 50.000 € e o máximo de 1.000.000 €. En ningún caso superará o 50 % do custo neto do proxecto financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos; poderase incluír carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario.

O tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme o anexo II destas bases, polo que o préstamo non contará con axuda de estado implícita.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme a seguinte fórmula:

(C×R×T)/36000

Onde «C» = capital, «R» = tipo de xuro nominal anual pagadoiro trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C×R)/400

D.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita.

Os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro se determinará aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.

D.4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. Nos casos en que o provedor ofreza a posibilidade de recompra, o calendario poderá recoller unha cota de amortización final maior, coincidente co pagamento desta recompra.

O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

D.5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto. Con carácter xeral poderá consistir en hipoteca ou preñor sen desprazamento sobre os bens adquiridos.

E) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 7.2, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria do proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Descrición do proxecto: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

d) Análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesouraría), necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do proxecto de investimento.

F) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito na alínea A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto ambiental e pola mellora para a competitividade das empresas galegas que supón o aforro enerxético, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

1.3. Préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais.

A) Obxecto.

Financiamento de proxectos para desenvolveren centros tecnolóxicos e/ou asociacións empresariais que desenvolvan ou proxecten desenvolver actividades económicas, vinculados a sectores produtivos de Galicia, con algunha das seguintes finalidades:

– Investimento na creación de infraestruturas técnicas e industriais de uso común ou compartido economicamente viables.

– Gastos operativos necesarios para o desenvolvemento de proxectos economicamente viables de xeración de coñecemento tecnolóxico, apoio á I+D+i e outros servizos tecnolóxicos.

B) Requisitos específicos dos beneficiarios.

Ademais dos establecidos no artigo 1 das bases reguladoras, deberán ser centros tecnolóxicos e/ou asociacións empresariais vinculados a sectores produtivos de Galicia.

C) Requisitos específicos do proxecto que se vai financiar.

C.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os conceptos sinalados no artigo 3 das presentes bases reguladoras.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 75.000 € e o máximo de 1.500.000 €. En ningún caso superará o 75 % do custo do proxecto financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos: poderase incluír carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario.

O tipo de xuro aplicable será fixo, e inferior en 1,5 puntos porcentuais ao tipo determinado conforme o anexo II destas bases. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0 %.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme a seguinte fórmula:

(C×R×T)/36000

Onde «C» = capital, «R» = tipo de xuro nominal anual pagadoiro trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C×R)/400

D.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Tales xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita.

Os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

D.4) Plan de amortización

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. Nos casos en que o provedor ofreza a posibilidade de recompra, o calendario poderá recoller unha cota de amortización final maior, coincidente co pagamento desta recompra.

D.5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

E) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 7.2, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria do proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da entidade: historial, partícipes, principais fitos na evolución da entidade, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición do proxecto: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

c) Análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesouraría), cuantificación das necesidades de incremento de capital circulante, de ser o caso. Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para entidades en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da entidade, mostrando separadamente o impacto do proxecto de investimento.

F) Criterios específicos de avaliación.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas nos seguintes criterios:

F1) Sector de actividade: puntuarase con 40 puntos cando a actuación teña por finalidade a prestación de servizos de uso común ou compartido a sectores empresariais conexos a actividades industriais. Puntuarase con 30 puntos cando os destinatarios do servizo desenvolvan outro tipo de actividade, e con 10 puntos adicionais cando exista informe favorable de interese para o sector en Galicia emitido pola correspondente consellería sectorial. Este informe será solicitado polo Igape na tramitación do expediente.

F2) Presencia de grupos empresariais ou empresas tractoras de recoñecida solvencia, que guíen o proxecto cara a liñas de actuación con alto potencial industrial e faciliten a chegada ao mercado: máximo de 40 puntos.

F3) O proxecto inclúe investimentos en equipamento científico-tecnolóxico, e figuran detallados os sistemas de xestión que permitan o uso compartido: máximo de 20 puntos.

F4) O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: 10 puntos por cada ámbito, cun máximo de 40.

F5) Emprego vinculado: máximo 20 puntos, calculado segundo a fórmula: (nº medio de empregados do último exercicio da entidade + expectativas de creación de emprego na entidade)/préstamo en miles de € × 100.

Anexo II

Determinación do tipo de xuro de mercado

Naqueles proxectos que cumpran as condicións necesarias, o órgano instrutor realizará un estudo e cualificación de risco coa metodoloxía descrita no anexo IV, do que resultarán encadrados nunha das categorías excelente (AAA-A), boa (BBB), satisfactoria (BB), deficiente (B), ou mala/dificultades (CC). Conforme os criterios descritos no anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveis de colateralización: alta, normal e baixa.

Con base a estas categorías, determinarase o tipo de xuro de mercado que correspondería a cada unha das operacións de préstamo, determinado conforme o seguinte método:

a) Tipo base: determinarase con base na media do euribor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses anteriores desvíase en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícao a Comisión Europea na ligazón seguinte:

http://ec.europa.eu/competition/state_aid/legislation/reference_rates.html

b) Marxes: determinaranse para cada operación con base na súa cualificación de risco e ás garantías da operación consonte a seguinte táboa:

Colateralización

Cualificación

Alta

Normal

Baixa

Excelente (AAA-A)

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa (BBB)

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria (BB)

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior á que sería aplicable á empresa matriz.

Anexo III

Determinación da axuda implícita

Determinación da subvención implícita en préstamos.

Para os préstamos que inclúan axuda implícita, esta equivalerá ao aforro de carga financeira respecto dun préstamo alternativo que poderían obter no mercado en aplicación da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión. Os puntos porcentuais de bonificación implícitos e a subvención bruta equivalente recolleranse na resolución de concesión.

As axudas implícitas dos préstamos terán a consideración de axudas de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (EU) nº 1407/2013 da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, no Regulamento (UE) nº 1408/2013 das axudas de minimis no sector agrícola e Regulamento (UE)  nº 2019/316 que o modifica, ou no Regulamento (UE) nº 717/2014 das axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Os puntos porcentuais de subvención determinaranse pola diferenza entre o tipo de xuros de mercado así determinado e o aplicable en cada liña de préstamo.

A subvención bruta equivalente implícita no préstamo calcularase de acordo coa fórmula financeira do valor actual neto:

missing image file

Onde:

SBE = subvención bruta equivalente implícita no préstamo.

t = cada un dos períodos de liquidación de xuros ou amortización da operación de préstamo.

n = períodos de liquidación de xuros e/ou amortización de préstamo.

Vt = diferenza entre os fluxos de efectivo dunha operación a tipo de mercado determinado conforme os criterios anteriormente expostos e os da operación de préstamo concedida.

k = taxa de actualización que, conforme a Comunicación 2008/C14/02 da Comisión, será o resultado de engadir ao tipo base un diferencial fixo de 100 puntos básicos.

Anexo IV

Metodoloxía de cualificación do risco de crédito

A cualificación de risco será o resultado de valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Limiar mínimo

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

0-15

0

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia

0-2

1

Calidade da xestión operativa

0-10

0

Capacitación técnica xeral

0-15

5

Risco de produto

0-9

3

Risco de mercado

0-9

3

Capacidade financeira

0-20

5

Risco por complexidade técnica

0-5

1

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-5

5

Factores atenuantes do risco

 

 

Cualificación do risco

0-100

50

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será produto de conxugar determinadas cocientes e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordadas no Comité de Riscos previsto no artigo 10.4, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa.

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes.

Puntos negativos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras.

Historial de procesos de insolvencia.

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de riscos vivos co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de débedas vencidas co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Puntos negativos

Historial de incumprimento.

Existencia de débedas impagadas.

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispoñer de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias.

Utilizar sistemas de información ERP ou considerar a súa implantación no proxecto.

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades.

Retribución media ao persoal adecuada.

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral.

Xerencia e administradores/consello de administración cualificado, achegando currículo.

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila.

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos 5 anos.

Experiencia no produto/servizo.

Dispoñer de persoal cualificado en persoal.

Dispoñer de sistemas de xestión de calidade.

Dispoñer de certificados ambientais.

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica.

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada.

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións.

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo.

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos).

Grao de novidade do produto / razoablemente existirá boa demanda.

Competitividade en prezo.

Competitividade en calidade.

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado.

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulatorios en relación co produto.

O produto non está contrastado tecnicamente.

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo.

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos.

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispoñer de cota de mercado histórica.

Grao de diversificación da carteira de clientes.

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda...).

Existencia dun plan de márketing.

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo.

Dispoñer de rede comercial adecuada.

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas.

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo.

Barreiras de entrada que afecten o proxecto.

Inestabilidade nos prezos.

Dependencia de intermediarios.

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas con mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade.

Cociente fondos propios/pasivo total.

Cociente endebedamento financeiro/EBITDA.

Rotacións de circulante coherentes/fondo de manobra apropiado.

Tendencia positiva a nivel de vendas e de cash flow.

Gastos financeiros contidos.

Resultado do exercicio/fondos propios.

Magnitude do proxecto en relación coa estrutura previa.

Empresas sen un mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade.

Cociente débeda total/fondos propios.

Financiamento que se concederá/fondos propios.

Financiamento que se concederá/débeda total.

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas para capitalizar.

Cociente fondos propios/pasivo total inferior a limiar.

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise.

Adiamentos de débedas con administracións.

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto).

O proceso carece de complexidade técnica.

Experiencia exitosa en proxectos de similares.

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir.

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria.

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial.

Viabilidade económica e financeira dá actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións.

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente.

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesouraría claro e con detalle suficiente.

Achéganse balances de situación previsionais.

Cash flow previsional suficiente para o servizo da débeda.

Achéganse datos suficientes para o cálculo da TIR, e esta polo menos duplica o custo medio do financiamento.

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas.

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento.

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados.

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto.

3. O incumprimento dalgún dos limiares mínimos indicados levará unha puntuación total de cero puntos, e supoñerá a denegación da solicitude presentada.

4. A puntuación total obtida polo proxecto ou actuación deberá alcanzar, polo menos, o valor de 50 puntos. Toda puntuación inferior a este mínimo supoñerá a desestimación da solicitude presentada.

5. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, consonte a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

Anexo V

Criterios de valoración das garantías

O nivel de garantías ofrecidas valorarase con base nunha estimación da porcentaxe de perda en caso de falta de pagamento, conforme a seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de falta de pagamento

Alta

71-100

<30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

>60 %

A perda en caso de falta de pagamento será estimada conforme os seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 × (patrimonio neto conforme os seus últimos estados financeiros)/(importe operación garantida).

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Garantías consistentes en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles: considerarase o valor segundo taxación por sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 × (valor de taxación)/(importe operación garantida).

4. Garantías consistentes en hipotecas ou peñor sen desprazamento sobre bens mobles: considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente.

Puntos = 60 × (valor de peritación)/(importe operación garantida).

5. Garantías consistentes en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou pignoración activos financeiros líquidos ou dereitos de crédito: considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval) /(importe operación garantida) × 100.

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo, acumulándose as puntuacións que correspondan.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file