Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 413/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 413/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de M. Carmen Regos Iglesias, Jesusa Raña Pulleiro, Pilar Gándara Dafonte, M. Pilar Rodríguez Rey, M. Mercedes Calvo Moure, Elena Fernández Bra, M. Jesús Rivas Moar, contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, administración concursal de Viriato, S.A., Viriato, S.A., sobre ordinario, se ditou, con data do 7 de xuño de 2019, sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de recoñecemento de dereito interpuxeron Mª Carmen Regos Iglesias, Jesusa Raña Pulleiro, Pilar Gándara Dafonte, Mª Mercedes Calvo Moure, Mª Pilar Rodríguez Rey, Elena Fernández Bra e Mª Jesús Rivas Moar, contra a entidade Viriato, S.A. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Viriato, S.A. a subscribir o convenio especial de empresas e traballadores de 55 anos ou máis suxeitos a expedientes de regulación de emprego, cos efectos legais e económicos que correspondan.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de recoñecemento de dereito interpuxeron Mª Carmen Regos Iglesias, Jesusa Raña Pulleiro, Pilar Gándara Dafonte, Mª Mercedes Calvo Moure, Mª Pilar Rodríguez Rey, Elena Fernández Bra e Mª Jesús Rivas Moar contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo absolver a demandada das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (estas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco de Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274 e consignar no concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco de Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viriato, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza