Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da corrección de erros das bases específicas e convocatoria para a selección dunha praza de funcionario de carreira, escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala básica, categoría oficial de policía) incluída na oferta de emprego público para 2019.

No Boletín Oficial da Coruña número 114, do 18 de xuño de 2019, publicouse a corrección de erros das bases específicas e convocatoria para a selección dunha praza de funcionario de carreira, escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala básica, categoría oficial de policía) incluída na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse, cando proceda, de conformidade coas bases.

Carballo, 19 de xuño de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde