Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33199

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANUNCIO de convocatoria de probas selectivas, polo sistema de concurso-oposición.

Convócanse probas selectivas, polo sistema de concurso-oposición, das seguintes prazas:

– Un (1) responsable sistemas de información e comunicacións (GIIBIN8), contratación fixa.

–Dous (2) policía portuaria (GIIIBIIN2), contratación fixa.

– Dous (2) policía portuaria (GIIIBIIN3), contratación fixa.

As bases desta convocatoria, así como as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo estarán á disposición dos interesados en:

Páxina web da autoridade portuaria, https://www.apfsc.com

Taboleiro de anuncios da sede electrónica da autoridade portuaria https://sede.apfsc.gob.es

Páxina web do ente público Puertos del Estado.

Páxina web www.administracion.gob.es (060)

Ferrol, 8 de xullo de 2019

José Manuel Vilariño Anca
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao