– Actividade. O obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.
– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia. O prazo de execución é de seis meses e comeza o 1 de xullo de 2019.
– Financiamento. Esta encomenda por importe de 159.995,28 € tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 11.30.433A.640.1.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019
Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural