Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente en materia de responsabilidade patrimonial RP/16/00449.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada Secretaría Xeral Técnica ten a súa sede na rúa San Lázaro, s/n, do termo municipal de Santiago de Compostela.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación se entenderá producida, a contar desde o día seguinte a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: RP/16/00449.

Interesado: José Fernández Pérez.

Acto notificado: resolución reclamación patrimonial.