Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32852

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 32002, no artigo 4, punto 5, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 30 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 24 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos».

Na páxina 32005, artigo 3, punto 2, letra a) onde di: «Turismos (M1) con clasificación enerxética “A” e un valor máximo de emisións segundo o ciclo NEDC iguais ou inferiores a 120 g CO2/km», debe dicir: «Turismos (M1) con clasificación enerxética “A” e un valor máximo de emisións NEDC segundo o ciclo WLTP iguais ou inferiores a 120 g CO2/km».

Na páxina 32005, artigo 3, punto 2, letra b), onde di: «Furgonetas (N1) cun valor máximo de emisións segundo o ciclo NEDC iguais ou inferiores a 137 g CO2/km », debe dicir: «Furgonetas (N1) cun valor máximo de emisións NEDC segundo o ciclo NEDC ou WLTP, segundo proceda, iguais ou inferiores a 137 g CO2/km».