Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Fonte Seixo (ampliación), concello de Sober (expediente 15/2017).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 15/2017.

Denominación: Fonte Seixo (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Neiras.

Concello: Sober.

Superficie: 1,12 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela obxecto de clasificación. O plano que figura no anexo deste anuncio facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27059A01000235

Norte

27059A01009005

27059A01000195

Leste

27059A01000190

27059A01000385

Sur

27059A01000196

27059A01000197

27059A01000203

Oeste

27059A01000204

27059A01000205

27059A01000206

27059A01000233

27059A01000207

27059A01000208

27059A01009005

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 13.12.2017 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme co disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, desde a publicación deste anuncio, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 27 de xuño de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file