Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 25 de xuño de 2019 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 58 (recintos 2, 3, 4 e 5) do polígono 240 do termo municipal de Lugo.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 25 de xuño de 2019, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 58 (recintos 2, 3, 4 e 5) do polígono 240 do termo municipal de Lugo.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 6 de xuño de 2019. Anuncio publicado no DOG número 118, do 24 de xuño.

Lugo, 26 de xuño de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo