Resolución da Alcaldía núm. 2019-0258, do 24 de maio de 2019, pola que se aproban as bases e a convocatoria no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir tres prazas de peóns de obras e servizos básicos para o Concello da Lama, mediante sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes, será de 20 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica deste concello [enderezo https://concellodalama.sedeelectronica.es] e no taboleiro de anuncios, para maior difusión, e as bases íntegras na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios.
A Lama, 28 de maio de 2019
Jorge Canda Martínez
Alcalde