Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2019/32-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforma LMTA-LMTS ROS803 en Solvado-Barrantes.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, en dúas actuacións:

1. 69 metros; orixe: apoio CH-630-12 existente; final: apoio proxectado C-2000/14 no punto 1, en substitución do existente.

2. 369 metros: apoio proxectado C-2000/14 no punto 2, en substitución do existente; final: apoio existente HV-1000-11.

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 370 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 no punto 1 e final no apoio proxectado C-2000/14 no punto 2.

A instalación está situada no lugar de Solvado, Barrantes, concello de Tomiño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual. No mencionado prazo poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Adicionalmente, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto atópase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 20 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Tomiño; titular: descoñecido; afección: 1,21 m2 para o apoio 1 e 10,78 m2 para paso terra apoio.

Predio 2. Concello: Tomiño; titular: Marisol Pereira Domínguez; afección: 1,21 m2 para o apoio 2 e 10,23 m2 para paso terra apoio.

Predio 3. Concello: Tomiño; titular: Pilar Vicente; afección: 1,44 m2 para o apoio 3.

Predio 4. Concello: Tomiño; titular: Enrique Gándara Gómez; afección:1,44 m2 para o apoio 4 e 8,90 m2 para paso terra apoio.