Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 19 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se acorda o alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble de titularidade autonómica situado no concello de Ferrol.

Ás 11.30 horas do día 18 de setembro de 2019 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo de Ferrol, situado na praza Camilo José Cela, s/n, Ferrol, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a 4ª poxa pública do seguinte ben inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado pola orde da Consellería de Facenda do 13 de xuño de 2017.

Predio urbano. Letra B (fondo esquerda) da planta 11 do bloque 3 denominado Edificio 13, sito no polígono de Caranza, na avenida de Castelao sen número, na cidade de Ferrol. Ocupa unha superficie útil de 72,50 m2 e está distribuída en vestíbulo, cociña, estar-comedor, tendedeiro, terraza, baño, aseo e 3 dormitorios. Linda fronte, vivenda A da mesma planta e descanso de escaleiras; dereita, descanso de escaleiras e despois ascensores; fondo, zona verde e despois parcela VI-N; esquerda, espazo libre. Libre de cargas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 47.615, tomo 1.531, libro 580, folio 140. Referencia catastral 4446303NJ6144N0046PO.

Tipo de licitación: 19.000 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación dos bens perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion

Teléfonos de información: 981 54 41 51 e 981 95 78 11.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda