Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 71/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais, seguido por instancia de Lucía Suárez Seoane contra Haiku Cenzontle, S.L., sobre execución da Sentenza 186/2019, do 3 de abril, ditáronse auto en que se despacha execución e decreto de embargo con data do 5 de xuño de 2019, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Haiku Cenzontle, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza