Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32301

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 46/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2019, seguido por instancia de Beatriz Gómez Suárez contra Mercancías Gráficas, S.L., ditouse auto o 4 de xuño de 2019 polo que se declarou extinguida a relación laboral entre a executante e a empresa Mercancías Gráficas, S.L. e condénase a executada ao pagamento de indemnización e seguros de trámite.

A resolución non é firme e contra ela pódese interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días. No órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercancías Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza