Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras), situadas na rúa do Concello, número 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Nº expediente |
Referencia catastral |
Propietario |
UME/2019/33 |
15031A01600106 |
Descoñecido |
UME/2019/100 |
15031A03600034 6623210NH4962S |
Josefa Rumbo Carro |
UME/2019/161 |
7392601NH4879S |
Josefa Rumbo García |
UME/2019/271 |
15031A04100284 |
María Nieves Romero Precedo |
UME/2019/271 |
15031A04100285 |
Manuel Domínguez Barbeito |
UME/2019/318 |
0151602NH5905S |
Descoñecido |
UME/2019/350 |
15031A03100082 |
José Lago Ponte |
UME/2019/443 |
8405903NH4980N |
Esperanza Nogueira Sánchez |
UME/2018/216 |
15031A00900250 |
Manuela Hermita Naya Añón |
Culleredo, 18 de xuño de 2019
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente