Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32181

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 42/2019).

ETX. Execución de títulos xudiciais 42/2019

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 102/2018

Sobre despedimento

Demandante: Erik Alexander Paulino Mercedes

Avogada: Teresa Burgo García

Demandados: Antonio López Armenteros, Fondo de Garantía Salarial, La Habana en Galicia, C.B., Jorge Abraham Torres

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 42/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Erik Alexander Paulino Mercedes contra Antonio López Armenteros, La Habana en Galicia, C.B. e Jorge Abraham Torres, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Erik Alexander Paulino Mercedes coa empresa La Habana en Galicia, C.B., Jorge Abraham Torres e Antonio López Armenteros e condénase a citada empresa a aboar as seguintes cantidades:

Nome do traballador: Erik Alexander Paulino Mercedes.

Indemnización: 2.042,42 euros (dous mil corenta e dous euros con corenta e dous céntimos).

Salarios: 16.779,68 euros (dezaseis mil setecentos setenta e nove euros con sesenta e oito céntimos).

Para que sirva de notificación en legal forma a Antonio López Armenteros, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 7 de xuño de 2019

O letrado da Administración de xustiza