Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 31949

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 2 de xullo de 2019 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O artigo 12 do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos, establece o Consello Reitor como órgano colexiado de goberno da Axencia.

O artigo 14 do referido decreto regula a composición deste Consello Reitor dispoñendo o nomeamento pola persoa titular da consellería de adscrición, de sete vogais.

O Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, na súa disposición derradeira primeira modifica o número de vogais que forman parte do dito órgano colexiado de goberno; ademais, o propio Decreto 149/2018 atribúe a xestión forestal a un centro directivo específico, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, cambios que poñen de manifesto a necesidade de actualizar os nomeamentos dos vogais do Consello Reitor.

En virtude do anterior, cómpre proceder ao seu nomeamento que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 14 do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria ás seguintes persoas, sen prexuízo da permanencia dos restantes membros nomeados pola Orde do 22 de agosto de 2018.

a) En representación da Consellería do Medio Rural:

– Titular: José Luis Chan Rodríguez, director xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

– Suplente: Jacobo José Aboal Viñas, subdirector xeral de Recursos Forestais.

– Titular: Silvestre José Balseiros Guinarte, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Titular: José Manuel Janeiro Caramés, subdirector xeral de Industrias Agroalimentarias.

b) En representación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria:

– Titular: José Antonio Portos Mouriño, xefe da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria.

– Suplente: María Otero Reboiras, xefa do Departamento de Formación.

– Titular: Ricardo Rivas Barros, xefe de Área de Calidade Alimentaria.

– Suplente: María José González González, xefa do Departamento de Promoción da Calidade Alimentaria.

– Titular: Juan Miguel Concheiro Abal, xefe do Departamento de Protección da Calidade Diferenciada.

– Suplente: Pablo Lúgaro Seco, xefe do Departamento de Investigación e Transferencia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural