Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/14-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA Embalse.

Situación: Vigo e Gondomar.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV, con condutor LA-56, en dúas actuacións:

1. 594 metros; orixe: apoio existente 6-9 da LMT VAA-705; final: apoio existente 6-21 da LMT VAA-705.

2. 50 metros: orixe: apoio proxectado 6-10 na LMT VAA-705, onde se fai a derivada ao CT Fraga; final: apoio existente 6-10-1 da LMT VAA-705.

LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ en dúas actuacións:

1. 146 metros; orixe: paso aerosubterráneo (PAS) no apoio proxectado 6-10; final: novo CT Fraga proxetado.

2. 638 metros; orixe: PAS no apoio 6-21; final: CT SMA Embalse.

Novo centro de transformación prefabricado (en substitución do existente intemperie de 160 kVA) a 250 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na Fraga, Vigo-Gondomar.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual. No mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Adicionalmente, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto se atopa dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 4. Municipio: Vigo; lugar: Campo do Muíño; titular: Remedios Fernández Costas; afección: 2 m2 para o apoio 6-16.

Predio 5. Municipio: Vigo; lugar: Campo do Muíño; titular: Sergio Abalde Vila; afección: 2 m2 para o apoio 6-19.

Predio 7. Municipio: Vigo-Gondomar; lugar: Cacheiro; titular: descoñecido; afección: 16,81 m2 para o centro de transformación e 16,4 m2 de servidume aérea.