Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31859

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 847/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 847/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Fernández Sánchez contra a empresa Juan Liste Brañas, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Dar por desistida a María del Carmen Fernández Sánchez da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Juan Liste Brañas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decreto, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas, mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza