Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0255 e tres máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro dos actos que se notifican, xunto cos seus respectivos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 13 de xuño de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/outro

Acto notificado

LU-2013/0255

YB258526

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2013/0154

78769234F

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2019/0011

Y3910228N

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2014/0141

34271270M

Resolución de cancelación da inscrición