Faise pública a Resolución do 19 de xuño de 2019 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de reforma e ampliación do Hospital Gran Montecelo no concello de Pontevedra, promovido pola Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, en cumprimento do disposto na dita resolución.
A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación dos plans e programas está prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático