De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias (DOG núm. 69, do 11 de abril), despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo en Paseo de Cervantes, número 7, 1º andar, 36001 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 21 de xuño de 2019
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Requirimento: 36R001/R-JRLM/7/2019.
Expediente: 36L005/180/2017.
CIF/NIF: 34883895W.
Acto notificado: requirimento da Inspección de Consumo.