Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0094-2018 ACA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser realizada no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 17 de xuño de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

INC-CO-0094-2018 ACA

76415502A

Resolución