Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común Serra do Leboreiro e Cabreira (código PR-336922) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, concello de Lobeira.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de repoboación forestal PR-336922, así como o estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común Serra do Leboreiro e Cabreira, concello de Lobeira.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Ourense (rúa Villaamil y Castro, s/n, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/

Para os efectos deste expediente o órgano substantivo é o Servizo de Montes de Ourense.

Durante o prazo sinalado as alegacións, suxerencias ou observacións serán dirixidos ao Servizo de Montes de Ourense a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 19 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense