Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2019/19-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado número 2.880 COITI Vigo, en Tui, en maio de 2019, con visado número 21900496, do 15 de maio de 2019, do sinalado colexio profesional:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L.

Enderezo: rúa A Coruña número 20; 36700 Tui-Pontevedra.

Denominación: ampliación de potencia do CT Quins a 400 kVA.

Localización: Quins, no concello de Melón.

Orzamento: 31.067 €.

Descricións técnicas:

– Ampliación de potencia do centro de transformación (CT) Quins (expte. nº 2203-AT), que pasa de 100 kVA a 400 kVA de potencia, con R/T 20.000/400 V, en edificio de obra civil existente, e dotación de novo embarrado e celas de protección e de liña equipadas con interruptor-seccionador con illamento e corte en SF6.

– Orzamento: 31.067 €.

Unha vez cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 3 de xuño de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense