Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31431

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/626/2019, do 28 de maio, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses.

De acordo co disposto no artigo 483 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no artigo 16 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, as probas selectivas serán convocadas e resoltas polo Ministerio de Xustiza e realizaranse de forma territorializada nos distintos ámbitos nos cales se agruparon as vacantes.

Así mesmo, de conformidade co establecido nos mencionados artigos, as convocatorias publicaranse nos diarios oficiais das comunidades autónomas de forma simultánea á publicación no Boletín Oficial del Estado, prevéndose para o suposto de que a dita simultaneidade non sexa posible que os termos e prazos establecidos na convocatoria se contarán a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Na súa virtude, no exercicio das facultades atribuídas polo artigo 15 do Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Artigo único

Publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde JUS/626/2019, do 28 de maio, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses, e que se insire a seguir como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Orde JUS/626/2019, do 28 de maio, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses

En cumprimento do disposto no Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, e mais nos reais decretos 954/2018 e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018, e co fin de atender as necesidades de persoal ao servizo da Administración de xustiza.

Este ministerio, no uso das competencias que lle están atribuídas na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no Regulamento 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, e no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; de conformidade coa Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza; e logo de informe favorable da Dirección Xeral da Función Pública, acorda convocar proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses.

O mencionado Real decreto 954/2018, do 27 de xullo, que aproba a oferta de emprego público de estabilización para persoal da Administración de xustiza para 2018, prevé a acumulación desta oferta coa de 2017, polo que, en prol dunha maior eficiencia e eficacia, se inclúen todas as prazas ofertadas en 2017 e 2018 nunha única convocatoria, o cal foi obxecto de negociación colectiva no ámbito da Administración de xustiza.

A presente convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes polo que se refire ao acceso ao emprego, de acordo co artigo 14 da Constitución española; co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; coa Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes; e co Acordo do Consello de Ministros do 20 de novembro de 2015, polo que se aproba o II Plan para a igualdade entre mulleres e homes na Administración xeral do Estado e nos seus organismos públicos; así como tamén a normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

Tamén ten en conta os principios de igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade e os seus dereitos, de acordo co Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social; co Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade; e co Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade; e desenvolverase de acordo coas seguintes

Bases comúns

As bases comúns polas que se rexerá a presente convocatoria son as establecidas na Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza.

Bases específicas

A presente convocatoria publicarase no punto de acceso xeral www.administracion.gob.es e mais na web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es: Cidadáns → Emprego público).

1. Descrición das prazas.

1.1. Convócase proceso selectivo de acceso libre para cubrir 137 prazas no corpo nacional de médicos forenses a través do sistema de concurso-oposición, de acordo co establecido no Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, e cos reais decretos 954/2018 e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018, tal e como se establece no seguinte cadro:

Real decreto 702/2017, do 7 de xullo

Sistema xeral

Cota persoas
con discapacidade

Total

Prazas de estabilización-Disposición adicional segunda

43

3

46

Prazas de reposición-Anexo II

25

2

27

Real decreto 954/2018, do 27 de xullo

Sistema xeral

Cota persoas
con discapacidade

Total

Prazas de estabilización-Anexo II

48

4

52

Real decreto 955/2018, do 27 de xullo

Sistema xeral

Cota persoas
con discapacidade

Total

Prazas de reposición-Anexo II

11

1

12

Total

127

10

137

A convocatoria das prazas dispostas no cadro anterior levarase a cabo conxuntamente, de acordo coa seguinte distribución territorial:

Ámbito territorial

Sistema xeral

Reserva persoas con discapacidade

Andalucía

27

3

Aragón

1

0

Asturias

4

0

Canarias

17

1

Cantabria

1

0

Cataluña

26

2

Comunidade Valenciana

5

0

Galicia

9

1

La Rioja

0

0

Madrid

10

1

Navarra

2

0

País Vasco

3

0

Ministerio de Xustiza

22

2

Total

127

10

1.2. Do total das prazas convocadas reservaranse 10 prazas, coa distribución territorial reflectida no punto 1.1, para seren cubertas por quen teña a condición legal de persoa con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %, de acordo co disposto no artigo 1 do Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e sempre que superen as probas selectivas.

A opción a estas prazas reservadas terá que se formular na solicitude, onde se acreditará o grao de discapacidade segundo o establecido no artigo 2 do citado Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, ao igual ca a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas propias que corresponden ao corpo de médicos forenses. Así mesmo, será de aplicación a Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen os criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, cando así o soliciten.

Consideraranse afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % de acordo co disposto no artigo 1 do Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e mais os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

As prazas reservadas para persoas con discapacidade que queden desertas non se poderán acumular ás de sistema xeral.

Os aspirantes que opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade non poderán participar polo resto de prazas do sistema xeral.

1.3. Os aspirantes só poderán participar por un ámbito territorial e, en caso de superaren o proceso selectivo, obterán necesariamente destino dentro do ámbito territorial polo que concorren. As prazas que queden desertas nun ámbito territorial non se poderán acumular a outro distinto. Non se admitirá a modificación do ámbito territorial elixido unha vez presentada a solicitude, agás para o suposto de que se produzan vacantes nun determinado ámbito territorial, caso en que se ofrecerá unha relación complementaria de aspirantes que, tendo superado todos os exercicios na fase de oposición e unha vez valorados os seus méritos na fase de concurso, sigan os propostos, ata completar o total de prazas convocadas.

1.4. As presentes bases de convocatoria publicaranse asemade no Boletín Oficial del Estado e nos boletíns oficiais das comunidades autónomas onde se convocan prazas. No  suposto de que a dita simultaneidade non sexa posible, os termos e prazos establecidos na presente convocatoria contaranse a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

2. Proceso selectivo.

2.1. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición. A fase de oposición será eliminatoria e desenvolverase en primeiro lugar cos exercicios, puntuacións e valoracións que se especifican no anexo I-A desta convocatoria.

Aos aspirantes que superasen a fase de oposición aplicaráselles o baremo de méritos da fase de concurso que se especifican no anexo I-B desta convocatoria.

2.2. O proceso selectivo incluirá a superación dun curso selectivo teórico-práctico no Centro de Estudos Xurídicos ou nos centros, institutos ou servizos de formación ou centros de destino das comunidades autónomas polas que concorran os aspirantes. Os que superasen as fases de oposición e de concurso, cuxo número non poderá ser superior ao de prazas convocadas en cada ámbito territorial, bardante o sinalado na base 1.3, serán nomeados funcionarios en prácticas pola autoridade competente do Ministerio de Xustiza.

2.3. A cualificación final do proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións finais obtidas en cada unha das fases de oposición e concurso. A valoración do idioma e dereito foral só se terá en conta para determinar a orde de puntuación no seu respectivo ámbito territorial.

2.4. En ningún caso se poderá declarar superado o proceso selectivo en cada ámbito a un número maior de aspirantes ca o de prazas obxecto desta convocatoria, sendo nulas de pleno dereito as propostas de aprobados que contraveñan esta limitación.

2.5. En caso de empate a orde de puntuación establecerase como segue: primará a fase de oposición; en segundo lugar, a fase de concurso; e en terceiro lugar, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida no segundo, terceiro e primeiro exercicio, por esta orde. De persistir o empate, atenderase á orde alfabética de actuación mencionada na base específica 7.1.

3. Programa.

O programa que ha rexer a fase de oposición contense no anexo III da presente convocatoria. O contido do temario para todos os exercicios da oposición axustarase á normativa publicada no Boletín Oficial del Estado na data da presente convocatoria, mesmo que inda non entrase en vigor.

Non obstante, en materia de rexistro civil exixirase só a lexislación vixente na data de publicación da presente convocatoria.

4. Titulación e outros requisitos de participación.

4.1. Para participar neste proceso selectivo cómpre cumprir todos os requisitos sinalados na base novena das bases comúns e estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes o título de licenciado ou graduado en Medicina.

4.2. Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou, se for o caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non lles será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

5. Solicitudes e documentación.

5.1. Quen desexe participar neste proceso selectivo deberá cubrir o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración pública (modelo 790-código 007, en cuxa parte superior figura «solicitude de admisión a probas selectivas da Administración pública e liquidación da taxa de dereitos de exame»), que estará dispoñible no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es), en castelán e nas demais linguas oficiais das comunidades autónomas. As comunidades autónomas que oferten prazas poderán crear unha ligazón desde as súas respectivas webs a este formulario.

5.2. A presentación da solicitude realizarase no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Boletín Oficial del Estado, e dirixirase á Secretaría de Estado de Xustiza. A súa non presentación en tempo e forma suporá a exclusión do aspirante.

5.3. A presentación e o pagamento da correspondente taxa realizaranse por vía electrónica, a través do servizo de Inscrición en procesos → Probas selectivas, do punto de acceso xeral http://administracion.gob.es/PAG/ips, ao que se pode acceder directamente ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza www.mjusticia.gob.es (Cidadáns → Emprego público), de acordo coas instrucións que se indican.

Os aspirantes que, de acordo co disposto na base décimo primeira da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns, estean exentos do pagamento da taxa ou teñan dereito á redución desta axuntarán en formato electrónico a documentación acreditativa da redución ou exención.

Cando o aspirante non sexa titular dunha conta bancaria en ningunha das entidades financeiras que permiten o pagamento telemático de taxas administrativas, cuxa relación se poderá consultar na Axencia Tributaria, poderá realizar a presentación en soporte papel no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, rúa Bolsa, nº 8, 28071 Madrid, ou nos rexistros das delegacións e subdelegacións do Goberno da Administración xeral do Estado, así como en calquera dos órganos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Excepcionalmente, tamén se poderá utilizar esta vía cando resulte imposible a inscrición electrónica por razóns técnicas e se acredite documentalmente a dita imposibilidade.

Neste caso a solicitude dirixirase á Unidade EA0010560-Procesos Selectivos Oficina O00011588.M.P.Procesos selectivos, e deberase achegar a documentación que acredite a incidencia técnica producida.

Igualmente, dirixirase á referida unidade de rexistro toda aquela documentación que deba presentarse ao longo do proceso selectivo.

5.4. Taxa de dereitos de exame.

O importe da taxa por dereitos de exame será de 30,49 euros (15,25 no caso de dereito a redución do 50 %).

Están exentos do pagamento da taxa os aspirantes que reúnan os requisitos que se detallan na base décimo primeira, números 5 e 6, das bases comúns, que deberán acreditar o seu dereito a esta exención achegando a documentación que se indica.

Non será necesario presentar a documentación acreditativa para a exención ou redución de taxa nos supostos que se indican no anexo IV desta convocatoria, a cal será obtida de oficio polo órgano xestor, salvo que non consinta o solicitante.

5.5. As persoas con discapacidade que desexen solicitar adaptacións de tempo deberán proceder segundo o establecido na base décima das bases comúns.

5.6. A solicitude cubrirase de acordo coas instrucións que figuran nela e no anexo IV.

6. Tribunal.

6.1. O tribunal cualificador único será nomeado por orde ministerial. Na súa composición atenderase ao criterio de paridade entre homes e mulleres.

6.2. De acordo co artigo 14 da Constitución española, os tribunais velarán polo estrito cumprimento do principio de igualdade de oportunidades entre ambos os sexos.

6.3. O tribunal terá a categoría primeira das previstas no anexo IV do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

6.4. A información sobre estas probas selectivas facilitarase no Ministerio de Xustiza, nos teléfonos 902 00 72 14 e 918 37 22 95; na web do Ministerio de Xustiza
(www.mjusticia.gob.es); no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es); nas xerencias territoriais do Ministerio de Xustiza; e mais nos órganos competentes das comunidades autónomas onde se convocan prazas.

6.5. Para o non previsto na presente convocatoria, o funcionamento dos tribunais rexerase polo previsto no artigo 487 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; no artigo 7 do Real decreto 29671196, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses; no artigo 12 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; e, subsidiariamente, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

6.6. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal cualificador terá a súa sede na rúa San Bernardo, 21, 28015 Madrid (teléfonos 902 00 72 14 e 918 37 22 95), e será de aplicación o disposto na base 5.3 no relativo á unidade de rexistro para presentación de documentación.

7. Desenvolvemento do proceso selectivo.

7.1. Orde de actuación.

A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente por aqueles cuxo apelido comece pola letra «Q», de conformidade co previsto na Resolución do 15 de marzo de 2019, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se publica o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado.

7.2. Fase de oposición.

Os exercicios da fase de oposición detállanse no anexo I-A desta convocatoria.

Terá lugar o mesmo día e á mesma hora en todas as sedes de exame e realizarase dentro dos 45 días seguintes á publicación da resolución pola que se eleva a definitiva a relación de admitidos e excluídos, e publicarase no Boletín Oficial del Estado a data, hora e lugares en que terá lugar.

Finalizados os exercicios da oposición, o tribunal cualificador único fará públicas na web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es) as relacións de opositores de cada ámbito territorial que acadasen o mínimo establecido que se considerou para superala, con indicación da puntuación obtida. Os opositores que non se atopen incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non aptos, e quedarán eliminados do proceso selectivo.

As listas de aprobados tamén se poderán publicar nas webs das comunidades autónomas.

7.3. Fase de concurso.

Finalizada a fase de oposición, o tribunal publicará as relacións de aprobados desta fase e dará comezo a fase de concurso na cal se valorarán os méritos que se detallan no baremo contido no anexo I-B desta convocatoria. Computaranse os atanguidos ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

No mesmo acordo de publicación das relacións de aprobados establecerase un prazo de vinte días hábiles para presentar, no rexistro ou enderezo electrónico que se indique, a documentación acreditativa, en orixinal ou en copia auténtica, unicamente dos méritos indicados na parte B do baremo contido no anexo I-B da presente orde. Os opositores que concorran por comunidades autónomas con exercicios optativos poderán achegar neste mesmo momento as certificacións acreditativas dos coñecementos correspondentes.

A comprobación do resto dos méritos farase de oficio, aínda que aqueles opositores que na súa solicitude inicial de participación non presentasen o seu consentimento para que o órgano xestor deste proceso selectivo poida verificar de oficio as súas titulacións ou certificacións académicas deberán achegar tamén as valoradas na parte A do citado baremo.

O tribunal cualificador valorará os méritos segundo as certificacións achegadas e publicará na web do Ministerio de Xustiza as relacións de aspirantes coa valoración provisional de méritos da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida en cada mérito e mais da total. Os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación das ditas relacións para efectuar as alegacións pertinentes.

Concluído o prazo e vistas e resoltas as alegacións, o tribunal publicará a relación coa valoración definitiva da fase de concurso.

7.4. Embarazo de risco e parto, enfermidade grave e hospitalización.

Se a persoa aspirante non pode completar o proceso selectivo por mor de embarazo de risco, parto, enfermidade grave, hospitalización ou calquera outra circunstancia de carácter excepcional debidamente acreditada, deberallo comunicar ao tribunal con suficiente antelación e, en todo caso, con anterioridade á realización do exercicio, de modo que sexa valorada polo tribunal cualificador único. En caso do seu acollemento, o aspirante podería ser convocado con posterioridade, a través da páxina web.

A situación do aspirante quedará condicionada á finalización da dita causa e á superación das fases que quedaran aprazadas, sen que se poidan demorar estas de maneira que se menoscabe o dereito do resto dos aspirantes a unha resolución do proceso en tempos razoables. En todo caso, a realización daquelas terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo, realizándose un só exercicio común para todas estas situacións.

7.5. Valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do Dereito Civil Foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Se así o solicitaron na súa instancia, os aspirantes comprendidos na relación de aprobados que concorran por un ámbito territorial con lingua autonómica propia serán emprazados para a realización do exercicio de carácter optativo, non eliminatorio, que acredite o seu coñecemento. Paralelamente, o tribunal delegado correspondente procederá á valoración da documentación acreditativa do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil vasco que fornecesen os interesados.

A puntuación obtida, tanto do exame como da documentación acreditativa, axustarase ao baremo contido no anexo I-C desta convocatoria e só producirá efectos para a adxudicación de destinos na comunidade autónoma correspondente.

Os opositores poderán optar por realizar a proba, documentar o coñecemento da lingua oficial ou acollerse a ambos os sistemas. Neste último caso, a puntuación outorgada será a máis alta que corresponda, sen que poida ser acumulativa.

7.6. A superación de calquera das fases da convocatoria non implicará por si mesma a adxudicación de praza, xa que a superación do proceso selectivo virá determinada polo número de prazas convocadas en cada ámbito territorial.

7.7. Finalizado o proceso selectivo, o tribunal elevará ao Ministerio de Xustiza unha proposta coa relación de aprobados en cada ámbito territorial, cuxo número non poderá superar o de prazas convocadas, que se publicará no Boletín Oficial del Estado e mais nos diarios oficiais das comunidades autónomas onde se convoquen prazas, con indicación do número de orde, apelidos e nome, DNI, puntuación obtida en cada un dos exercicios e puntuación total de todos os exercicios obrigatorios e da fase de concurso. Canda esta nota total, pero separadas dela e sen sumarse, figurarán, se for o caso, a obtida na lingua oficial propia da comunidade autónoma por cuxo ámbito territorial concorre e mais a obtida polo coñecemento do dereito civil vasco.

Os opositores que non se atopen incluídos na relación terán a consideración de non aptos, e quedarán eliminados do proceso selectivo.

7.8. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentase por esta cota de reserva supere os exercicios correspondentes e mais a fase de concurso pero non obteña praza, e a súa puntuación sexa superior á obtida polos aspirantes da quenda xeral, será incluído pola súa orde de puntuación nesta quenda.

7.9. O Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas competentes ofertarán os destinos dispoñibles en cada ámbito territorial.

8. Presentación de documentación e nomeamento de funcionarios en prácticas

8.1. Os aspirantes que figuren na relación definitiva de aprobados, no prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación desta no Boletín Oficial del Estado e nos diarios oficiais das comunidades autónomas onde se convocan prazas presentarán no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, Secretaría de Estado de Xustiza, rúa Bolsa, nº 8, 28071 Madrid, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Unidade EA0010560-Procesos Selectivos Administración de Xustiza Oficina O00011588-Medios Persoais. Procesos Selectivos Xustiza, a documentación seguinte:

a) Os aspirantes que teñan a condición legal de persoa con discapacidade con grao igual ou superior ao 33 % deberán presentar certificación dos órganos competentes que acredite tal condición (no caso de que esta non se acreditase con anterioridade) e a súa capacidade funcional para desempeñar as tarefas e funcións propias do corpo nacional de médicos forenses.

b) Os aspirantes que, na súa solicitude de participación inicial, se opuxesen a que os seus datos de identidade persoal e os referidos ás súas titulacións ou certificacións académicas poidan ser consultados e verificados de oficio polo órgano instrutor deste proceso selectivo deberán fornecer tamén:

– Copia auténtica do documento nacional de identidade ou equivalente.

– Copia auténtica do título exixido na convocatoria ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que os capacitan para a súa obtención, achegando o resgardo xustificativo de ter aboados os dereitos para a súa expedición.

c) No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase presentar copia auténtica da documentación que acredite a súa homologación ou, se for o caso, do correspondente certificado de equivalencia.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados no número anterior, poderá acreditarse que se posúen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

Os aspirantes que teñan a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificar aquelas condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo de que dependa pola que se acredite a súa condición e requisitos para seren nomeados funcionarios do corpo nacional de médicos forenses.

8.3. Aqueles que dentro do prazo fixado, e agás causa de forza maior, non presentaren a documentación, ou cando do exame desta se deduza que carecen dalgún dos requisitos establecidos, non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que poidan incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Neste último caso, ou no suposto de renuncia dalgún dos aspirantes antes do seu nomeamento como funcionario en prácticas, e sempre que o tribunal propuxese tantos aspirantes como prazas convocadas, de acordo coa base 17.2 das bases comúns, o Ministerio de Xustiza requirirá a este último unha relación complementaria de aspirantes que, tendo superado todos os exercicios, sigan os propostos ata completar o total de prazas convocadas.

Neste suposto, os aspirantes incluídos na dita relación complementaria deberán presentar a documentación acreditativa que se detalla nesta mesma base no prazo de cinco días hábiles desde a súa publicación na web do Ministerio de Xustiza.

Os opositores afectados que concorran por algún dos ámbitos territoriais que teñan establecida a valoración de lingua oficial propia ou de dereito civil vasco serán convocados, se for o caso, á realización da correspondente proba optativa, ou seralles incorporada a puntuación que corresponda á acreditación documental que fornecesen.

8.4. Unha vez comprobado que os aspirantes reúnen os requisitos da base 4 da presente convocatoria e da novena das bases comúns, a autoridade competente do Ministerio de Xustiza ditará unha resolución, que será publicada na web do Ministerio de Xustiza, nomeando funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron as fases de oposición e concurso e convocándoos á realización do curso selectivo.

9. Curso ou período de prácticas selectivo.

9.1. Os funcionarios en prácticas serán destinados ao centro, instituto ou servizo de destino do ámbito territorial polo que o aspirante concorre que o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas que convocan prazas determinen, para o desenvolvemento dun curso selectivo.

O curso selectivo, organizado polo Centro de Estudos Xurídicos ou órgano competente das comunidades autónomas correspondentes, poderá consistir na realización de prácticas tuteladas nun instituto de medicina legal e ciencias forenses ou centro similar por un período non superior a seis meses, para o cal se nomeará un titor do propio instituto.

O curso selectivo será cualificado polo Centro de Estudos Xurídicos ou órgano competente das comunidades autónomas correspondentes como apto ou non apto, e débese obter a cualificación de apto para a súa superación. No caso da realización de prácticas tuteladas, o titor faralles aos centros competentes unha proposta de cualificación de cada aspirante.

Aqueles que non superen o curso selectivo poderán repetilo na seguinte convocatoria, conservando a puntuación obtida no concurso-oposición a que se refire a presente convocatoria. Se tampouco o superan, perderán o dereito ao seu nomeamento como funcionarios de carreira.

9.2. Finalizado o curso selectivo, continuarán prestando servizos como funcionarios en prácticas ata o seu nomeamento definitivo como funcionarios de carreira no mesmo instituto ou centro onde realizaron as prácticas.

Os aspirantes que se encontren en activo como funcionarios interinos do corpo de médicos forenses e que prestasen servizos efectivos neste corpo polo menos un ano continuado durante o ano anterior a esta convocatoria, ou por máis de 18 meses nos últimos cinco anos, quedarán exentos da realización da fase de prácticas tuteladas nos institutos de medicina legal e ciencias forenses ou centros designados, que lles serán validadas coa cualificación de apto, e continuarán prestando servizos no posto de orixe ata o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

9.3. Todos os funcionarios en prácticas teñen os dereitos e deberes que se recollen no artigo 25 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro (BOE do 27 de decembro).

9.4. Cunha antelación de ao menos vinte días hábiles á data prevista de finalización do curso selectivo, o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas que ofertan prazas farán pública a relación das prazas dispoñibles en cada ámbito territorial e abrirase un prazo de dez días hábiles para que os aspirantes formulen solicitude de destino cos requirimentos que, se for o caso, se establecesen na dita oferta.

10. Nomeamento como funcionario de carreira.

Superado o período de prácticas e comprobado que os aspirantes, cuxo número non poderá superar o de prazas convocadas en cada ámbito territorial, reúnen os requisitos da base cuarta da presente convocatoria e os da novena das bases comúns, serán nomeados funcionarios de carreira, mediante orde do Ministerio de Xustiza, que será publicada no Boletín Oficial del Estado e mais nos diarios oficiais das comunidades autónomas competentes e conterá a indicación do destino adxudicado.

Dado o carácter nacional do corpo de médicos forenses, para o nomeamento como funcionarios de carreira confeccionaranse, se é o caso, dúas listas en cada ámbito territorial: unha na cal se consignarán as puntuacións obtidas nas fases comúns e obrigatorias do proceso selectivo, e outra con especificación da puntuación obtida na valoración da lingua oficial propia das comunidades autónomas e, se for o caso, da correspondente ao dereito civil vasco.

11. Norma final.

Ao presente proceso selectivo seranlle de aplicación a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; o Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; o Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, e os reais decretos 954/2018 e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018; a Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; e mais o disposto na presente orde de convocatoria.

Con carácter supletorio, para o non previsto nesta convocatoria atenderase ao disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e ao resto de normativa vixente na materia.

Contra a presente convocatoria poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o ministro de Xustiza no prazo dun mes desde a súa publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa publicación ante o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo, de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e mais na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de se interpor recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza o seu desacollemento presunto.

Así mesmo, a Secretaría de Estado de Xustiza poderá, se for o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto na citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Índice de anexos

Anexo I

I-A. Descrición do proceso selectivo.

I-B. Descrición da fase de concurso. Baremo de méritos.

I-C. Valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Anexo II

Programa da oposición.

Anexo III

Instrucións de cubrición da solicitude de admisión.

ANEXO I

I-A. Descrición do proceso selectivo

1. A fase de oposición estará formada polos seguintes exercicios obrigatorios:

1.1. Primeiro exercicio. De carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un cuestionario-test sobre as materias da primeira parte (primeiro exercicio) do programa que se contén no anexo III desta convocatoria. Constará de 100 preguntas e 5 preguntas de reserva do contido do programa, con catro respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta.

Cualificarase de 0 a 30 puntos.

As preguntas acertadas valoraranse con 0,3 puntos; as preguntas non acertadas e aquelas que teñan respostas múltiples descontarán 0,075 puntos; as preguntas non contestadas non serán puntuadas.

A puntuación obtida por cada aspirante corresponderase co número de respostas acertadas, feita a dedución das non acertadas.

Os opositores que non alcancen a puntuación mínima de conformidade co disposto no número 2 deste anexo I terán a consideración de suspensos e non serán convocados aos restantes exercicios da oposición.

O tempo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

1.2. Segundo exercicio. De carácter teórico, oral e eliminatorio. Consistirá en desenvolver oralmente ante o tribunal catro temas extraídos a sortes de entre as materias da segunda parte do programa (segundo exercicio), un por cada unha das seguintes materias ou bloques de materias: un tema de patoloxía forense, un tema de sexoloxía forense e medicina legal do neonato e de criminalística, un tema de tanatoloxía forense e un tema de psiquiatría forense.

O opositor disporá dun máximo de 60 minutos para o desenvolvemento dos catro temas, sen que lle deba conceder a ningún deles máis de 20 minutos.

Antes do inicio do desenvolvemento do exercicio o opositor disporá de 15 minutos para preparalas e, se o desexa, poderá preparar uns esquemas que terá á vista durante a exposición oral, xuntamente co programa que lle facilitará o tribunal, mais sen poder consultar ningún outro libro, texto legal ou papel escrito.

Finalizada a exposición de cada un dos temas, o tribunal poderá invitar o opositor a retirarse se apreciou unha manifesta deficiencia na exposición.

Finalizada a exposición de todos os temas, o tribunal poderá abrir un diálogo co aspirante por un tempo máximo de 15 minutos, en que este contestará as aclaracións que soliciten ou as observacións que formulen os membros do tribunal.

Tras deliberación a porta cerrada ao terminar cada sesión, o tribunal decidirá por maioría de votos emitidos, sendo de calidade o do presidente, o aprobado ou suspenso de cada opositor examinado, sen que se poida entrar a deliberar sobre a exposición daqueles opositores que deixasen sen desenvolver en absoluto algún dos temas, que deberán ser, en todo caso, suspendidos.

O número de puntos que poderá conceder cada membro do tribunal aos opositores aprobados será de 10 puntos por cada un dos temas desenvolvidos. As puntuacións serán sumadas, sen incluír nin a máis alta nin a máis baixa, e o total que resulte, despois de feita esta dedución, dividirase polo número de vogais asistentes cuxa cualificación se computou. A cifra do cociente constituirá a cualificación, cuxo máximo posible para catro temas é de 40 puntos, sendo necesario un mínimo de 20 puntos para superar este exercicio.

1.3. Terceiro exercicio. De carácter práctico, escrito e eliminatorio. Consistirá en redactar un informe médico-forense dun suposto práctico formulado polo tribunal, relacionado cos temas do programa, que se desenvolverá no tempo máximo de dúas horas.

Posteriormente os aspirantes procederán á lectura, en sesión pública, do exercicio. A cualificación deste efectuarase por asignación de puntos de cada membro do tribunal segundo a metodoloxía exposta no número anterior, cunha puntuación máxima de 30 puntos, sendo necesario un mínimo de 15 puntos para superalo.

2. A determinación da nota mínima para superar o primeiro exercicio en cada ámbito territorial convocante será equivalente ao resultado de dez aspirantes por praza que obtivesen como mínimo un 60 % da puntuación posible, con independencia das instancias que se presentasen polo dito ámbito.

Esta nota mínima non será aplicable na quenda de reserva por discapacidade nin no caso en que o número de aspirantes de partida sexa inferior ao anteriormente mencionado. Nestes casos, a puntuación mínima suficiente será o 50 % da posible.

3. A puntuación final dos aprobados na fase de oposición estará composta pola suma das puntuacións dos tres exercicios.

Finalizados os tres exercicios da oposición, o tribunal fará públicas as listas de aprobados, que incluirán, ordenados de maior a menor puntuación total acumulada dos tres exercicios, os opositores que aprobaron cada un dos exercicios.

4. Reserva de nota.

Os aspirantes que superaran a fase de oposición cunha nota superior á mínima fixada, pero non obteñan praza no corpo a que se presentan por non reunir méritos suficientes na fase de concurso da OEP 2017-2018, quedarán exentos de realizar na seguinte convocatoria os exercicios da fase de oposición, sempre e cando se presenten polo mesmo corpo, ámbito territorial e quenda (sistema xeral ou quenda de reserva), agás que voluntariamente se presenten a ela para obter mellor nota. Neste caso, se a nota obtida é inferior ou non supera a fase de oposición, reservaráselle a nota da convocatoria da OEP 2017-2018.

Aos aspirantes que pola quenda de reserva para persoas con discapacidade na convocatoria anterior obtivesen unha puntuación igual ou superior ao 50 % da nota máxima posible prevista en cada exercicio da respectiva convocatoria, conservaráselles a puntuación máis alta obtida, sempre que o contido de temario, os exercicios e o seu modo de cualificación sexan idénticos.

I-B. Descrición da fase de concurso. Baremo de méritos

Na fase de concurso valoraranse os méritos que acheguen os opositores que superasen todos os exercicios da fase de oposición, segundo o baremo establecido neste anexo.

O aspirante que non achegue méritos, ou se estes non son avaliables de acordo co referido baremo, será cualificado con cero puntos nesta fase.

A acreditación do tempo de servizos prestados como funcionarios interinos na Administración de xustiza, no ámbito do Ministerio de Xustiza, forneceraa de oficio o órgano competente, desde o nomeamento do funcionario.

• Baremo de méritos:

A. Títulos e graos académicos dos incluídos no sistema educativo español (máximo, 13 puntos):

– Académica (ata 13 puntos):

Especialidade en medicina legal e forense (13 puntos).

Outras especialidades médicas (9 puntos por cada especialidade).

– Posgrao (ata 4 puntos):

Título de doutor (4 puntos).

Máster, experto universitario ou especialista en disciplinas relacionadas coa actividade (valoraranse créditos ECTS ou horas lectivas: 0,2 puntos/crédito ECTS ou 0,02 puntos/hora lectiva).

B. Historia profesional (ata un máximo de 7 puntos).

B.1. Cursos de formación, recibidos e acreditados, nos últimos dez anos e ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria, con contido de carácter médico-xurídico ou informático, relacionados coa actividade do corpo e homologados ou impartidos polo Ministerio de Xustiza, polas consellerías de xustiza, polo sistema universitario español, polo Instituto Nacional da Administración Pública ou por órganos competentes en formación das comunidades autónomas, por outros axentes promotores dentro do marco do Acordo de formación para o emprego (IV Acordo de formación para o emprego das administracións públicas) ou polos servizos públicos de emprego (ata 5 puntos).

– Cursos de entre 11 e 29 horas: 0,3 puntos.

– Cursos de entre 30 e 59 horas: 0,6 puntos.

– Por cada curso de 60 ou máis horas: 0,9 puntos.

Non se valorarán os cursos seguintes:

– Certificacións ou diplomas en que non conste o número de horas nin aqueles de 10 ou menos horas lectivas.

– Os que formen parte das ensinanzas do sistema educativo español, ou sexan conducentes á obtención de títulos dos susceptibles de valoración na parte A deste baremo.

– Os derivados de procesos selectivos, nin os diplomas de participación en xornadas, simposios, seminarios e similares.

B.2. Actividade docente e investigadora (ata 4 puntos).

– Docencia na área de medicina legal e forense en institucións de rango universitario de carácter público ou privado (ata 0,20 puntos por cada mes completo de servizos efectivos prestados).

– Publicacións de artigos en revistas indexadas en JCR (Journal Citation Reports), libros ou capítulos de libro (ata 0,50 puntos por artigo ou capítulo proporcionalmente e segundo índice de impacto ou calidade da editorial).

– Participación en proxectos de investigación financiados en convocatoria pública (0,50 puntos por proxecto de investigación).

B.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros (ata 2 puntos). Valoraranse unicamente aqueles títulos que consten no cadro de equivalencias de exames oficiais do Marco europeo de referencia para as linguas, e o de categoría superior inclúe o previo.

– Coñecementos de nivel C1 ou C2 (usuario independente): 2 puntos.

– Coñecementos de nivel B1 ou B2 (usuario competente): 1 punto.

– Non se valorarán os coñecementos de nivel básico ou elemental.

C. Por exercicios aprobados dos procesos das convocatorias das ofertas de emprego público dos anos 2015 e 2016 de calquera dos corpos da Administración de xustiza: máximo, 13 puntos.

– Por cada exame aprobado de convocatorias do corpo de médicos forenses: 3 puntos; por unha nota entre 80-100 puntos: 6,5 puntos.

– Por cada exame aprobado de convocatorias do corpo de facultativos do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses: 2 puntos; por unha nota entre 80-100 puntos: 3,8 puntos.

– Por cada exame aprobado doutros corpos ao servizo da Administración de xustiza (incluído o de letrados da Administración de xustiza): 0,40 puntos.

D. Servizos prestados nos corpos da Administración de xustiza ou como persoal laboral desta Administración (ata un máximo de 34 puntos).

– Interinidade como médico-forense na Administración de xustiza: ata 34 puntos (0,20 puntos por cada mes completo de servizos efectivos prestados).

– Servizos prestados como médico en centros hospitalarios ou sanitarios públicos: ata 20 puntos: (0,10 puntos por cada mes completo de servizos efectivos prestados).

– Servizos efectivos prestados como titular, interino ou substituto no corpo de facultativos: ata 10 puntos (0,10 puntos por cada mes completo de servizos efectivos prestados).

– Servizos efectivos prestados como titular, interino ou substituto no resto de corpos ao servizo da Administración de xustiza: ata 3 puntos (0,3 puntos por cada mes completo de servizos efectivos prestados).

Os períodos inferiores ao mes non se computarán, inda que no caso de seren varios sumaranse os prestados no mesmo corpo, desprezando, se for o caso, unha única fracción inferior ao mes.

I-C. Avaliación do coñecemento das linguas oficiais propias
das comunidades autónomas e do dereito civil vasco

1. Coñecemento das linguas oficiais das comunidades autónomas.

Para os opositores que concorran por algún dos ámbitos territoriais correspondentes a comunidades autónomas con lingua oficial propia e que así o fixesen constar na súa solicitude de participación, unha vez finalizado o proceso selectivo procederase á avaliación do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas. A avaliación consistirá na acreditación do coñecemento da lingua oficial da dita comunidade, mediante as certificacións que presentasen oportunamente ou mediante a realización dunha proba de nivel de coñecementos.

A puntuación da valoración do coñecemento da lingua oficial de comunidade autónoma só será aplicable no ámbito da comunidade autónoma respectiva para os únicos efectos de establecer a orde de prelación na relación de aprobados dentro do ámbito territorial polo que concorre o aspirante, polo que se deberá reflectir separada da obtida no exercicio obrigatorio e na fase de concurso.

Cualificarase cun máximo de 18 puntos de acordo co nivel de coñecementos demostrado polo aspirante e os criterios de valoración establecidos a continuación:

• No ámbito da Comunidade Foral de Navarra:

Nas zonas vascófona e mixta que determina o artigo 5 da Lei foral 18/1986, do 15 de decembro, do éuscaro, de conformidade co establecido polo Decreto foral 103/2017, do 15 de novembro (Boletín Oficial de Navarra do 30 de novembro), o coñecemento oral e escrito do éuscaro debidamente acreditado por medio de certificación de superación de cada un dos niveis expedida polo órgano competente na materia supón o recoñecemento só para estes efectos de ata 18 puntos, segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos seguintes:

– Certificado de nivel B1 ou títulos equivalentes: 6 puntos.

– Certificado de nivel B2 ou títulos equivalentes: 12 puntos.

– Certificado de nivel C1 ou títulos equivalentes: 18 puntos.

• No ámbito do País Vasco:

De acordo co establecido no Decreto 86/1997, do 15 de abril, polo que se regula o proceso de normalización do uso do éuscaro nas administracións públicas da Comunidade Autónoma de Euskadi, e mais co Decreto 174/2010, do 29 de xuño, de normalización lingüística da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Euskadi.

– Certificado de nivel B2 ou perfil lingüístico 2 ou títulos equivalentes: 6 puntos.

– Certificado de nivel C1 ou perfil lingüístico 3 ou títulos equivalentes: 12 puntos.

– Certificado de nivel C2 ou perfil lingüístico 4 ou títulos equivalentes: 18 puntos.

• No ámbito da Comunidade Autónoma Valenciana:

– Certificado de grao elemental ou de nivel B1: 6 puntos.

– Certificado de grao medio ou de nivel C1: 12 puntos.

– Certificado de grao superior ou de nivel C2: 18 puntos.

A acreditación documental do coñecemento do valenciano efectuarase mediante a achega do correspondente certificado expedido ou homologado pola Junta Qualificadora de Coneixements del Valencià.

• No ámbito de Cataluña:

De conformidade co Decreto 3/2014, do 7 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 152/2001, do 29 de maio, sobre avaliación e certificación de coñecementos de catalán (DOGC núm. 6536, do 9.1.2014), e mais co Decreto 180/2014, do 30 de decembro, sobre o certificado de coñecementos de linguaxe xurídica (nivel J) (DOGC núm. 6780, do 31.12.2014), o coñecemento oral e escrito do catalán e o coñecemento da linguaxe xurídica (nivel J) debidamente acreditados por medio de certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística, e polo Centro de Estudos Xurídicos e Formación Especializada ou equivalente, supón o recoñecemento só para estes efectos de ata 18 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditados nos termos seguintes:

– Certificado de nivel B2 (ata xaneiro de 2014, nivel B) ou títulos homologados: 6 puntos.

– Certificado de nivel C1 (ata xaneiro de 2014, nivel C) ou títulos homologados: 12 puntos.

– Certificado de nivel C2 (ata xaneiro de 2014, nivel D) ou títulos homologados: 18 puntos.

– Certificado de coñecemento de linguaxe xurídica, nivel J: 18 puntos.

• No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

– Certificado Celga 4 ou similar: 6 puntos.

– Curso de linguaxe xurídica medio: 12 puntos.

– Curso de linguaxe xurídica superior: 18 puntos.

A acreditación do coñecemento de idioma efectuarase mediante a achega dos certificados da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ou dos equivalentes segundo a Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG do 30.7.2007), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG do 19.2.2014), e mais a Orde do 1 de abril de 2005 (DOG do 14.4.2005).

2. Avaliación dos coñecementos do dereito civil vasco.

Para os aspirantes que concorran polo ámbito territorial da Comunidade Autónoma do País Vasco que así o fixesen constar na súa solicitude procederase, nos mesmos termos e cos mesmos efectos que se detallaron no número anterior, á avaliación dos seus coñecementos do dereito civil vasco, concepto polo cal se outorgarán seis puntos, que se reflectirán en todo caso separados dos obtidos nos exercicios obrigatorios e só producirán efectos para establecer a orde de prelación dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Para a realización e corrección deste exercicio, o tribunal delegado poderá nomear un asesor especialista.

Criterios de valoración:

A) A documentación válida para aqueles opositores que opten pola acreditación documental é a seguinte:

1) Licenciatura en dereito, cursando como materias:

a) Dereito civil foral e autonómico do País Vasco.

– UD, Plan 1953: 90 horas.

– UD, Plan 1998: 60 horas.

b) Dereito civil foral e autonómico do País Vasco.

– UD, Plan 1993: 30 horas.

2) Grao en Dereito, cursando como materia Dereito Civil e Autonómico Vasco/Dereito Civil Vasco (6 créditos ECTS).

3) Máster en Dereito Civil Vasco: 540 horas (54 créditos).

4) Diploma de especialización en Dereito Civil Foral do País Vasco, presencial: 220 horas (22 créditos).

5) Diploma de especialización en Dereito Civil Vasco, en liña: 210 horas (21 créditos).

6) Doutoramento en Dereito: (mínimo 60 horas: 6 créditos):

a) Título de doutor en Dereito, con tese sobre dereito civil vasco.

b) Cursos de doutoramento en Dereito sobre dereito civil vasco.

7) Estudos complementarios. O novo dereito civil vasco: aspectos familiares e sucesorios (3 créditos ECTS).

B) Para aqueles opositores que opten por realizar o exame, este consistirá na contestación dun cuestionario tipo test de 40 preguntas, con catro respostas alternativas das cales só unha é correcta.

As respostas acertadas valoraranse con 1 punto. As respostas incorrectas ou as preguntas non contestadas non serán puntuadas. Para superar o exercicio é preciso obter un mínimo de 20 puntos.

O cuestionario versará sobre o temario seguinte:

– Lei 5/2015, do 25 de xuño, de dereito civil vasco.

1. Das fontes do dereito civil vasco. Dos principios inspiradores da Lei civil vasca. Do ámbito de aplicación da Lei civil vasca.

2. Dos principios de dereito patrimonial.

3. Das sucesións. Disposicións preliminares. Da sucesión testada. Das limitacións á liberdade de testar.

4. Das sucesións. Dos pactos sucesorios. Da sucesión legal ou intestada. Disposicións comúns ás distintas formas de suceder.

5. Do réxime de bens no matrimonio. Do réxime legal. Do réxime de comunicación foral de bens.

– Lei 2/2003, do 7 de maio, reguladora das parellas de feito.

6. Parellas de feito na Comunidade Autónoma do País Vasco. Disposicións xerais. Contido da relación de parella. Adopción, acollemento e réxime sucesorio. Extinción da parella de feito.

ANEXO II

Programa da oposición para ingreso no corpo de médicos forenses 2017-2018

– Primeiro exercicio:

I. Organización da medicina forense. Dereito e medicina.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Estrutura da organización do Estado: a Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno e a Administración. O Tribunal Constitucional. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A protección da saúde nos principios reitores da política social económica.

Tema 2. A Unión Europea. Competencias da UE. Institucións e órganos da Unión Europea: o Parlamento Europeo, o Consello Europeo, o Consello de Ministros da Unión Europea, a Comisión Europea, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Tribunal de Contas.

Tema 3. Os dereitos humanos no ámbito universal, europeo e español. A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O artigo 14 da CE: a non discriminación por razón de sexo. A igualdade de sexo no ámbito xurídico civil. Consecuencias penais da discriminación por razón de sexo. A igualdade de sexo no ámbito xurídico laboral. A conciliación familiar.

Tema 4. Dereito de igualdade e non discriminación por razón de xénero: especial referencia á Lei orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. A Lei orgánica 1/2004, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Antecedentes. Obxecto e principios reitores. Medidas de sensibilización, prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas da violencia de xénero. Tutela institucional.

Tema 5. Organización da Administración de xustiza: referencia á organización e competencias do Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, tribunais superiores, audiencias provinciais, xulgados de primeira instancia e instrución, xulgados do penal, xulgados do social, xulgados de vixilancia penitenciaria, xulgados de menores e xulgados de violencia sobre a muller. As unidades de valoración integral de violencia de xénero: organización. Funcións.

Tema 6. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial, maxistrados e xuíces. O Ministerio Fiscal. O letrado da Administración de xustiza. Resto de persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza. Persoal laboral ao servizo da Administración de xustiza, con especial referencia aos auxiliares de autopsia.

Tema 7. O corpo nacional de médicos forenses: evolución histórica, as clínicas médico-forenses e os institutos anatómico-forenses. Regulación do corpo nacional de médicos forenses. Principais modelos de organización da medicina forense segundo países.

Tema 8. Os institutos de medicina legal e ciencias forenses: regulamento, funcións, organización, estrutura. Modelos de IMLCF no Estado.

Tema 9. O Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses: creación, evolución histórica. Organización actual e funcións. Outros organismos consultivos da Administración de xustiza. A peritaxe privada.

Tema 10. O proceso penal (1). As partes: o Ministerio Fiscal. O avogado do Estado. O acusador particular: o prexudicado e a acción popular. O acusador privado. O actor civil. O investigado. O responsable civil.

Tema 11. O proceso penal (2). Tipos de procedemento. Fases do procedemento. Intervención do médico-forense nas fases de instrución e do xuízo oral, con especial referencia aos xulgados de violencia sobre a muller. O procedemento pola responsabilidade penal dos menores. O xuízo por delito leve.

Tema 12. O proceso civil. Intervención do médico-forense no proceso civil e ante o Rexistro Civil. O proceso laboral. Intervención do médico-forense no proceso laboral. Pericias extraxudiciais en materia de tráfico.

Tema 13. Exercicio profesional da medicina. Condicións e requisitos para o exercicio da medicina e as súas especialidades. O intrusionismo. As profesións paramédicas.

Tema 14. A historia clínica. Lexislación. Problemas éticos e xurídicos na elaboración e manexo da historia clínica e nos documentos derivados dela. Prescrición médica. Ordenación legal da prescrición médica.

Tema 15. Consentimento informado na actuación médica. Concepto e transcendencia. Requisitos e excepcións na prestación do consentimento. Lexislación española.

Tema 16. Os dereitos e deberes do enfermo na lexislación española.

Tema 17. Responsabilidade profesional do médico e as súas clases. Elementos constitutivos da responsabilidade médica. A proba pericial médica en cuestións de responsabilidade profesional.

Tema 18. O segredo profesional do médico: concepto, fundamento e antecedentes históricos. Lexislación sobre documentación clínica e sobre protección de datos de carácter persoal. O segredo médico no campo da medicina forense.

Tema 19. Concepto de eutanasia, ortotanasia e distanasia. A cooperación e indución ao suicidio. Aspectos epidemiolóxicos do suicidio. Actitude do médico ante o paciente incurable e o moribundo. Problemas éticos xurídicos relacionados coa asistencia médica urxente.

Tema 20. Problemas éticos e xurídicos derivados das investigacións no suxeito vivo. Lexislación española sobre ensaios clínicos. Recomendacións internacionais con especial referencia á Declaración de Helsinki.

Tema 21. Problemas éticos e xurídicos suscitados polos novos coñecementos xenéticos. Euxenesia. Enxeñaría xenética. Delitos relativos á manipulación xenética.

Tema 22. Delito de homicidio e as súas formas. O homicidio, o asasinato, o homicidio imprudente. Cuestións de interese médico-forense.

Tema 23. Delitos contra a saúde pública: os relacionados co comercio e os relativos a drogas tóxicas, estupefacientes e psicótropas.

Tema 24. Delito imprudente. Elementos. A incriminación da imprudencia no Código penal.

Tema 25. Delitos contra a Administración pública (1). A prevaricación. O abandono de destino e a omisión de impedir determinados delitos. A desobediencia e denegación de auxilio. O suborno.

Tema 26. Delitos contra a Administración de xustiza. A prevaricación. A acusación e denuncia falsa e a simulación de delitos. O falso testemuño, a obstrución á xustiza e a deslealdade profesional.

Tema 27. Documentos medicolegais. Os delitos de falsidades documentais.

Tema 28. Vítima: concepto. Lexislación. Con especial referencia ao Estatuto da vítima do delito (Lei 4/2015, do 27 de abril, e Real decreto 1109/2015, do 11 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 4/2015, do 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito, e se regulan as oficinas de asistencia ás vítimas do delito). Clases de vitimización. Efectos dos delitos sobre as vítimas. Intervención do médico-forense.

II. Medicina forense do traballo.

Tema 29. A Seguridade Social. Regulación legal. Organización e prestacións da asistencia sanitaria na Seguridade Social (Insalud). Prestacións económicas da Seguridade Social (INSS e Imserso).

Tema 30. Concepto de enfermidade común, accidente non laboral e incapacidade temporal. Concepto. Problemas sanitarios, sociais e medico-legais.

Tema 31. Accidente de traballo. Concepto. Frecuencia e repercusións sociais e medicolegais. Lexislación comunitaria en materia de accidentes de traballo. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de prevención de riscos laborais.

Tema 32. Enfermidades profesionais. Concepto. A lista española de enfermidades profesionais. Repercusións sociais e medico-legais. Lexislación comunitaria en materia de enfermidades profesionais.

Tema 33. Invalidez. Concepto e clases. Problemas sanitarios, sociais e medico-legais. Os equipos de avaliación de incapacidades (EVI).

Tema 34. Os riscos do persoal médico e sanitario no exercicio das súas funcións.

Tema 35. Pneumoconiose: concepto. Etioloxía e clasificación. Estudo médico-legal da silicose.

Tema 36. Estudo médico-legal da catarata orixinada por enerxía radiante. Hipoacusias e xordeiras de orixe profesional: etioloxía, patóxena e diagnóstico. Valoración médico-forense.

Tema 37. Estudo médico-forense do cancro e as lesións precancerosas de orixe laboral. Outros tumores de orixe laboral e a súa valoración médico-forense.

Tema 38. Dermatoses profesionais: etioloxía, patóxena, diagnóstico, prognóstico e valoración médico-forense.

Tema 39. Estudo médico-forense das enfermidades profesionais orixinadas por radiacións ionizantes. Fontes de orixe. Diagnóstico clínico. Prognóstico e valoración médico-forense.

Tema 40. As hernias como accidentes de traballo e a súa problemática médica e xurídica. Lesións dos discos intervertebrais, parálises nerviosas por compresión e enfermidades dos tendóns e vaíñas tendinosas de orixe laboral. Enfermidades da pa.

Tema 41. Estudo médico-forense da síndrome do traballador queimado (burnout) e do acoso moral (mobbing) no traballo.

Tema 42. Estudo médico-forense da síndrome da fatiga crónica e da fibromialxia. Sintomatoloxía, diagnóstico e problemática socio-laboral.

III. Toxicoloxía forense.

Tema 43. Concepto e evolución da toxicoloxía. Toxicoloxía forense. Conceptos de fármaco, medicamento, droga, tóxico e veleno. Clasificación das substancias tóxicas. Etioloxía xeral das intoxicacións.

Tema 44. Toxicocinética: vías de penetración, acumulación, biotransformación e eliminación das substancias tóxicas. Fenómeno de toxotropismo. Depósitos de impregnación tóxica.

Tema 45. Toxicodinamia: principais tipos de acción das substancias tóxicas. Distintos conceptos e tipos de toxicidade. Factores que modifican a toxicidade.

Tema 46. Anatomía patolóxica e intoxicacións. Cadros patolóxicos sistematizados por órganos e sistemas. Autopsia nos distintos tipos de morte por tóxicos.

Tema 47. Tratamento antitóxico xeral. Neutralización. Antidotismo. Eliminación. Técnicas de depuración extrarrenal. Mantemento do intoxicado agudo. Centros antitóxicos. O Servizo de Información Toxicolóxica.

Tema 48. Toma e envío de mostras nos diversos casos de intoxicación para o seu ulterior envío aos laboratorios con fins analíticos. Lexislación. Cadea de custodia das mostras.

Tema 49. Análise toxicolóxica: tratamento inicial das mostras. Técnicas extractivas segundo tipo de mostra e tóxico sospeitado. Procedemento de detección rápida de drogas de abuso e psicofármacos. Técnica de screening toxicolóxico, fiabilidade e especificidade.

Tema 50. Técnicas analíticas de confirmación. Tipos. Descrición e utilidades. Comparación entre as distintas técnicas, vantaxes e inconvenientes, en toxicoloxía forense.

Tema 51. Análise toxicolóxica: interpretación dos resultados analíticos. Mecanismos posmortais e a súa repercusión na interpretación analítica toxicolóxica. Os achados de drogas de abuso en mostras de cadáveres. Interacción de produtos tóxicos, a súa valoración segundo resultado analítico.

Tema 52. Intoxicacións producidas polo óxido de carbono. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e cuestións médico-forenses.

Tema 53. Intoxicacións orixinadas polos derivados gasosos do xofre e nitróxeno. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e cuestións médico-forenses.

Tema 54. Intoxicacións orixinadas polo alcohol etílico. Etioloxía, con especial referencia á súa relación cos accidentes de tráfico. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico. Efectos combinados do alcohol con outras drogas.

Tema 55. Diagnóstico bioquímico da intoxicación etílica. Clasificación das probas para a determinación do alcohol etílico e crítica delas. Valoración médico-forense dos seus resultados.

Tema 56. Marcadores de consumo de alcohol e o seu interese médico-forense. Marcadores de consumo agudo e crónico. Marcadores de consumo crónico en biofluídos; descrición e valoración de resultados. Marcadores de consumo crónico en pelo; descrición e valoración de resultados. Panel asociado de marcadores para o diagnóstico de consumo crónico de etanol de interese médico-forense.

Tema 57. Intoxicacións orixinadas por alcohol metílico e glicois. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e cuestións medicolegais.

Tema 58. Intoxicacións orixinadas polo ácido cianhídrico e os seus derivados cianhídricos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación químico-toxicolóxica. Problemas medico-legais.

Tema 59. Intoxicacións orixinadas por hidrocarburos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 60. Tóxicos metahemoglobinizantes e a súa clasificación. Etioloxía da intoxicación por eles. Metabolismo, mecanismos de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 61. Intoxicacións orixinadas por psicofármacos (1): neurolépticos e antidepresivos. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. A síndrome neuroléptica maligna. Problemas médico-forenses.

Tema 62. Intoxicacións orixinadas por psicofármacos (2): ansiolíticos. Hipnóticos e antimaníacos (sales de litio). Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 63. Intoxicacións orixinadas por substancias alucinóxenas. Intoxicacións por anfetaminas e os seus derivados de síntese. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 64. Intoxicacións por opiáceos e cocaína. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 65. Submisión química. Descrición do fenómeno; as súas características e tipos. Impacto do fenómeno en distintos países; datos estatísticos. Substancias empregadas en submisión química; descrición e efectos tóxicos. Toma de mostras nestes supostos. Análise toxicolóxica e a súa valoración. A submisión química no noso Código penal.

Tema 66. Concepto de dopaxe. Dopaxe no deporte. Principais substancias dopantes; o seu mecanismo de acción, metabolismo e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses. Lei orgánica 3/2013, do 20 de xuño, de protección da saúde do deportista e loita contra a dopaxe na actividade deportiva. Evolución histórica na loita contra a dopaxe no deporte. Institucións nacionais e internacionais para a loita contra a dopaxe no deporte. Análise médico-forense do artigo 362 quinquies do Código penal.

Tema 67. Intoxicacións orixinadas por insecticidas organofosforados e carbamatos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 68. Intoxicacións orixinadas por insecticidas organoclorados e piretrinas. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses. Intoxicación por raticidas.

Tema 69. Intoxicacións orixinadas por herbicidas. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 70. Intoxicacións orixinadas polo arsénico e os seus compostos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 71. Intoxicacións orixinadas polo chumbo e os seus compostos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 72. Intoxicacións orixinadas polo mercurio e os seus compostos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismos de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 73. Lesións orixinadas por cáusticos. Etioloxía. Mecanismo de acción e toxicidade. Cadros lesivos que orixinan. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas medico-legais.

Tema 74. Intoxicacións alimentarias. Clasificación, diagnóstico e tratamento das principais formas etiolóxicas, con especial referencia á salmonelose e ao botulismo. Normativas xurídicas sobre aditivos alimentarios.

Tema 75. Intoxicacións orixinadas polos cogomelos. Principais especies nocivas. Mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 76. Intoxicacións medicamentosas. Etioloxía e clasificación. Estudo particular das intoxicacións orixinadas por analxésicos e antitérmicos, con especial referencia a salicilatos e paracetamol. Morte por choque anafiláctico.

Tema 77. Intoxicacións máis frecuentes por mordedura ou picadura de animais ou por contacto con plantas. Aspectos clínicos, anatomía patolóxica e de laboratorio.

Tema 78. Polución atmosférica e polución da auga. Principais substancias contaminantes e as súas fontes de orixe. Alteracións que orixinan no home. Intervención do médico- forense nestes casos. Delitos contra os recursos naturais e o ambiente.

– Segundo exercicio:

I. Patoloxía forense.

Tema 1. Concepto, etioloxía e clasificación das lesións desde o punto de vista médico. Concepto xurídico-penal de lesión. Conceptos de menoscabo da integridade corporal e de saúde física ou mental.

Tema 2. Clasificación das lesións segundo o Código penal. Os mecanismos de produción das lesións e o concepto da expresión «orixinadas por calquera medio ou procedemento». Conceptos de primeira asistencia facultativa, tratamento médico ou cirúrxico, a lesión de menor gravidade, a simple vixilancia ou seguimento facultativo do curso da lesión e as lesións que non precisan tratamento médico ou cirúrxico.

Tema 3. Os conceptos xurídicos penais de perda ou inutilidade de órgano ou membro principal e non principal e de sentido, deformidade, impotencia, esterilidade, grave enfermidade somática e psíquica.

Tema 4. Causas e concausas das lesións. O estado anterior e as lesións. Valoración médico-forense da causalidade.

Tema 5. Valoración do dano corporal: os seus compoñentes. Conceptos de curación e estabilización lesional. O informe médico-forense en materia de valoración do dano corporal. Concepto de secuela e dano futuro (seguro e probable). Avaliación de secuelas e utilización de baremos. Evolución das secuelas. Recomendacións do Consello de Europa relativas á valoración integral do dano corporal.

Tema 6. Complicacións das lesións: infeccións localizadas, tétanos, gangrena e rabia. Infeccións osteoarticulares, con estudo especial da osteomielite. Trastornos da consolidación ósea. Valoración médico-forense con ocasión destas complicacións.

Tema 7. Hemorraxia e tipos. Estudo médico-forense da morte por choque hemorráxico e da morte por hipovolemia.

Tema 8. Choque derivado dun traumatismo: fisiopatoloxía xeral. Tipos (choque hemorráxico, choque neuroxénico, choque séptico). Valoración médico-forense.

Tema 9. Enfermidades traumáticas. Estudo médico-forense da pneumonía e da diabetes traumática. Problemas médico-forenses derivados da ulceración consecutiva de encamamentos prolongados ou ás mantidas por alteracións circulatorias.

Tema 10. Estudo médico-forense das contusións e das feridas contusas. Signos de defensa e de loita.

Tema 11. Feridas orixinadas por arma branca: etioloxía, clasificación, carácter e evolución clínica. Cuestións médico-forenses e a súa valoración.

Tema 12. Armas de fogo: concepto. Partes de que consta. Clasificación das armas de fogo. Elementos que integran o disparo. Estudo do cartucho. Tipos de proxectís. Balística interna e externa. Efectividade dos proxectís. Lexislación española sobre o manexo de armas de fogo.

Tema 13. Feridas orixinadas por armas de fogo. Estudo dos orificios de entrada e saída e do traxecto. Valoración para efectos médico-forenses. Estudo particular das lesións orixinadas por armas de aire comprimido.

Tema 14. Lesións e morte orixinadas pola acción da electricidade industrial e atmosférica. As secuelas tras os accidentes eléctricos. Cuestións médico-forenses e a súa valoración.

Tema 15. Estudo médico-forense das queimaduras térmicas. Etioloxía. Clasificación. Diferenciación segundo os distintos axentes térmicos. Patoxenia da morte por queimadura. Diagnóstico necrópsico e problemas medicolegais.

Tema 16. Intervención do médico-forense na investigación dos incendios. Lesións e morte nos incendios. Estudo do cadáver carbonizado.

Tema 17. As explosións. Clasificación. Tipos de explosivos. Artefactos e trampas explosivas. Lesións e mortes orixinadas por explosións. Problemas médico-forenses.

Tema 18. Grandes catástrofes: concepto, clasificación. Actuación e resposta fronte á catástrofe, con especial referencia ao médico-forense. Lexislación española, aspectos de interese médico-legal.

Tema 19. Lesións orixinadas en vida e despois da morte: etioloxía e diferenciación morfolóxica. As probas de laboratorio no diagnóstico diferencial das lesións posmortais.

Tema 20. Estudo médico-forense da simulación e disimulación de lesións: conceptos, clases e valoración médico-forense en casos de enfermidades, lesións e secuelas.

Tema 21. A tortura: concepto. O delicto de tortura e outros delitos contra a integridade moral. A lexislación española e internacional. A Convención contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes. Principais procedementos de tortura. A proba pericial médica en casos de tortura. O Protocolo de Istambul para a investigación e documentación eficaces da tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes.

Tema 22. Violencia de xénero. Principais características e cadros lesivos no maltrato á muller, cuestións médico-forenses. O risco de novas agresións graves sobre a parella: metodoloxía para a valoración médico-forense do risco. Intervención do equipo de valoración forense integral. Principais medidas cautelares para a prevención.

Tema 23. A síndrome do neno maltratado. O maltrato ao ancián. Cuestións médico-forenses.

Tema 24. Accidente de tráfico terrestre: concepto, clasificación, frecuencia e etioloxía. Principais cadros lesivos en envorcamento, choque e precipitación.

Tema 25. Estudo médico-forense do atropelo: frecuencia, tipos de vehículos atropelantes, fases do atropelo e cadros lesivos. Problemas médico-forenses.

Tema 26. Estudos médico-forenses dos accidentes orixinados no tráfico aéreo. Lesións producidas por embarcacións deportivas. Problemas médico-forenses.

Tema 27. Aptitude psicofísica para conducir vehículos de motor. A enfermidade como causa de diminución da aptitude. A Lei de seguridade viaria. Lexislación derivada dela e doutras normas legais de interese médico-forenses. O delito contra a seguridade do tráfico.

Tema 28. Estudo médico-forense dos traumatismos cranioencefálicos.

Tema 29. Estudo médico-forense dos traumatismos cerrados de tórax e abdome.

Tema 30. Estudo médico-forense dos traumatismos da cara e pescozo.

Tema 31. Estudo médico-forense da patoloxía traumática do ombro, brazo e cóbado. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 32. Estudo médico-forense da patoloxía traumática do antebrazo, pulso e man. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 33. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da columna cervical. Estudo especial da escordadura cervical: mecanismo de produción, diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 34. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da columna dorsal e lumbar. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 35. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da cintura pélvica e cadeira. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 36. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da coxa e xeonllo. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 37. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da perna, nocello e pé. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 38. Estudo médico-forense da caída e da precipitación. Problemas médico-forenses e a súa solución.

Tema 39. Estudo médico-forense dos derrubamentos e atropelos por multitudes. Síndrome de esmagamento. Problemas médico-forenses e a súa solución.

Tema 40. Estudo médico-forense das lesións e mortes causadas pola acción do frío e a calor: fisiopatoloxía, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 41. As folgas de fame: concepto, antecedentes, frecuencia e motivación. Clasificación, cadros clínicos e prognóstico. Conduta médica ante estas situacións e posible intervención médico-forense nestes casos. Xurisprudencia aplicable.

Tema 42. A anestesia. Métodos usuais e accidentes máis frecuentes. A hipotermia en cirurxía. Intervención do médico-forense con ocasión da anestesia.

Tema 43. Transfusións hemáticas: tipos. Accidentes e a súa prevención. Posible intervención do médico-forense nestes casos. Lexislación española en materia de doazón de sangue.

Tema 44. O sentido do oído: capacidade auditiva e as súas alteracións. O sentido do equilibrio e as súas alteracións. Determinación médico-forense e as súas aplicacións.

Tema 45. O sentido da vista: capacidade visual e as súas alteracións. Determinación da agudeza visual e posible intervención do médico-forense nestes casos.

Tema 46. Asfixias mecánicas: concepto e clasificación. Fisiopatoloxía e mecanismo letal. O cadro lesivo xeral nos casos de morte por asfixia.

Tema 47. Aforcamento: etioloxía, clasificación, mecanismo letal, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 48. Estrangulamento: etioloxía, clasificación, mecanismo letal, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 49. Sufocación: formas, mecanismo letal, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 50. Morte por submersión: etioloxía, tipos, fisiopatoloxía, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 51. Morte por inhibición: etioloxía, fisiopatoloxía, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense deste cadro.

II. Sexoloxía forense e medicina legal do neonato.

Tema 1. Diagnóstico médico-legal do sexo. Conceptos de sexo xenético, endócrino, morfolóxico, psicolóxico e xurídico. O hermafroditismo: patoxenia, clasificación e clínica.

Tema 2. O transexual. Concepto e clínica. Estudo médico-forense do transexualismo e do cambio de sexo. Regulación penal da cirurxía transexual. O cambio de sexo na orde xurisdicional civil.

Tema 3. Delitos contra a liberdade sexual: as agresións sexuais e os abusos sexuais. Concepto e lexislación. Determinación das circunstancias relativas a estes delitos. Intervención do médico-forense.

Tema 4. Morfoloxía da membrana himeneal e signos de desfloración. Diagnóstico da penetración ou introdución de obxectos anal, bucal ou vaxinal. Prevención do embarazo e do contaxio de enfermidades de transmisión sexual.

Tema 5. A inseminación artificial. Fecundación in vitro. Posibilidades e problemas médico-forenses. Lexislación española sobre reprodución humana asistida e de doazón e utilización de embrións e fetos humanos.

Tema 6. Xestación fisiolóxica: diagnóstico clínico e biolóxico. Xestacións anormais: a superfecundación e a superfetación. Simulación da xestación. Duración e data da xestación. Morte súbita asociada ao embarazo.

Tema 7. Diagnóstico precoz das malformacións fetais e das lesións ao feto: crítica das técnicas diagnósticas e posibles complicacións. Problemas medicolegais que presenta a súa aplicación. O delito de lesións ao feto.

Tema 8. Diagnóstico do parto. Delitos de suposición de parto e a alteración da paternidade, estado ou condición do menor.

Tema 9. Aborto: conceptos médicos e xurídicos. Clasificación médica. Etioloxía do aborto provocado. Análise dos medios mecánicos, físicos e tóxicos. Clínica e evolución do aborto provocado. Diagnóstico médico-forense do aborto provocado.

Tema 10. Interrupción legal do embarazo: concepto. Supostos en que se autoriza e posible actuación do médico-forense. Centros autorizados para a interrupción legal do embarazo. Acreditación e normas de funcionamento. Marco xurídico español para a interrupción legal do embarazo.

Tema 11. Identificación do neonato. Estudo médico-forense da morte do neonato. Características do feto a termo. Morte natural e morte violenta. Docimasias fetais.

III. Criminalística.

Tema 12. Exame do lugar dos feitos: obxectivos, fases e medios instrumentais empregados desde o punto de vista médico-forense. Os indicios biolóxicos do delito: a súa busca, recollida e envío ao laboratorio. Reconstrución do lugar dos feitos.

Tema 13. Identificación do suxeito vivo: métodos fotográficos, sinais particulares, datos antropométricos. Dactiloscopia: fundamento e clasificacións. Impresións palmares.

Tema 14. Necroidentificación en cadáver recente, putrefacto e mutilado: características físicas xerais e sinais particulares. Formularios de necroidentificación.

Tema 15. Estudo antropolóxico da cavidade bucal. Palatoscopia e queiloscopia. O dente: morfoloxía, anatomía e histoloxía. Erupción dentaria. Identificación de cada un dos dentes. Fórmulas dentarias.

Tema 16. Identificación polo estudo da dentadura. Diagnóstico de individualidade. A ficha odontolóxica para identificación forense.

Tema 17. Estudos de restos óseos (1): actuación do médico-forense ante o achado de restos óseos. Recuperación de restos óseos e envío ao laboratorio de antropoloxía forense para o seu estudo. Técnicas de preparación de óso. Material e instrumentos utilizados en antropoloxía forense. Diagnóstico de especie e orixe ancestral.

Tema 18. Estudo de restos óseos (2): data dos restos. As técnicas de data de restos óseos antigos. Diagnóstico do sexo.

Tema 19. Estudo de restos óseos (3): determinación do tamaño e a idade. Particularidades de natureza conxénita, patolóxica ou traumática útiles para a individualización ou explicación da causa da morte.

Tema 20. Estudo médico-forense de pelos e cabelo. Aplicacións en criminalística.

Tema 21. Estudo médico-forense de manchas de esperma e outros fluídos biolóxicos.

Tema 22. Manchas de sangue: estudo morfolóxico e topográfico. Probas de orientación e de certeza, indicacións e limitacións. Diagnóstico xenérico. Aplicación da bioloxía molecular á investigación das manchas de sangue.

Tema 23. Investigación da paternidade e da maternidade. Lexislación española. Determinacións biolóxicas e aplicacións. Leis de exclusión e probabilidades de paternidade e exclusión. O informe pericial médico en casos de investigación de paternidade.

Tema 24. Análise do ADN: concepto, técnicas e aplicación. Limitacións, especialidade e as súas indicacións en medicina forense. Técnicas de bioloxía molecular na investigación biolóxica da filiación. Aplicacións e interpretación de resultados.

Tema 25. Determinación da idade no suxeito vivo: aspecto xeral. Desenvolvemento esquelético, estudo dentario e doutros elementos morfolóxicos. Estudo radiolóxico.

IV. Tanatoloxía forense.

Tema 1. Tanatoloxía forense: concepto e contido. Concepto xurídico e médico de morte. Mortes naturais, violentas e sospeitosas de criminalidade: conceptos e repercusións médico-forenses.

Tema 2. Morte rápida e lenta. Estudo médico-legal da agonía.

Tema 3. Diagnóstico da morte. Signos de morte e estados de morte aparente. Morte encefálica. Intervención do médico-forense.

Tema 4. Lei sobre extracción e transplante de órganos. Regulamento e normas legais que o desenvolven. Regulación legal das actividades relativas á utilización de tecidos humanos. A doazón de órganos e tecidos para transplante en situacións de morte cerebral e en situacións de asistolia: aspectos éticos e medicolegais. Recomendacións do Consello de Europa en materia de transplantes.

Tema 5. Morte súbita no adulto: concepto, etioloxía, aspectos epidemiolóxicos e factores que interveñen, diagnóstico necrópsico e cuestións médico-forenses.

Tema 6. Morte súbita no neno e no neonato: concepto, etioloxía, factores que interveñen na súa xénese, diagnóstico necrópsico e cuestións médico-forenses.

Tema 7. Fenómenos cadavéricos. Estudo médico-forense do arrefriamento, deshidratación, livideces, hipóstases, rixidez e espasmo cadavérico.

Tema 8. Autólise e putrefacción cadavérica: conceptos, fases, alteracións e transformacións químicas, cronoloxía e deducións médico-forenses de interese.

Tema 9. Estudo médico-forense da saponificación e da momificación. Outros fenómenos cadavéricos transformadores.

Tema 10. Tanatoquimia: toma de mostra, valor diagnóstico e evolución post mortem dos compoñentes bioquímicos no cadáver.

Tema 11. Avaliación médico-forense da data da morte: interese médico-legal. Métodos e crítica. Estudo médico-forense de cuestións de premoriencia e conmoriencia.

Tema 12. Autopsia xudicial e autopsia clínica. Lexislación española sobre autopsias xudiciais e autopsias clínicas. Condicións e medios necesarios para a investigación necrópsica.

Tema 13. Principais patoloxías infecciosas potencialmente transmisibles durante a realización da autopsia: sida, hepatite, tuberculose, outras. Formas de prevención e material necesario. Protocolos de actuación ante unha exposición accidental. Declaración da enfermidade profesional ou o accidente: requisitos, órganos competentes, dereitos do médico-forense neste campo.

Tema 14. A autopsia médico-legal: fundamentos, técnicas e estudos complementarios. Os informes de autopsia: preliminar e definitivo.

Tema 15. Autopsia cefálica: recordo anatómico. Exame externo e técnicas de apertura da cavidade e de extracción e estudo do encéfalo. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 16. Autopsia de boca e pescozo: recordo anatómico. Exame externo, técnicas de apertura e de extracción de vísceras. Estudo da pleura, espazo pleural; traquea, bronquios e pulmóns; timo e esófago. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 17. Autopsia de pericardio, corazón e grandes vasos. Técnicas de apertura. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 18. Autopsia do abdome: recordo anatómico. Exame externo e técnicas de apertura e de extracción e estudo de vísceras. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 19. Autopsia da rexión lumbo-pelviana: recordo anatómico. Exame externo e técnicas de apertura e de extracción e estudo de vísceras. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 20. Autopsia da cavidade raquídea: recordo anatómico. Técnicas de apertura. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 21. Autopsia dos membros no cadáver completo no caso de membros amputados. Principais achados durante a autopsia e o seu significado médico-forense. Lexislación sobre o destino de membros amputados e de vísceras ou fragmentos destes.

Tema 22. Autopsia en casos especiais: fetos, nenos, mulleres paridas e abortadas e cadáveres mutilados. Autopsia dos ollos e dos oídos.

Tema 23. Valoración necrópsica das alteracións hemodinámicas: edema, deshidratación, conxestión. Isquemia e infarto. Aspectos de interese médico-forense.

Tema 24. Trombose e embolias. Estudo especial da morte por embolia: fisiopatoloxía, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 25. Valoración necrópsica dos trastornos do crecemento celular: hipertrofia, hiperplasia, atrofia e metaplasia. Patoloxía dexenerativa. Aspectos de interese médico-forense.

Tema 26. Morte por accidentes vasculares agudos, menínxeos e encefálicos. Etioloxía, fisiopatoloxía e diagnóstico necrópsico, con especial referencia á diferenciación con vasculopatías traumáticas. Problemas médico-forenses.

Tema 27. Enfermidades do pericardio, miocardiopatías e enfermidades valvulares. Etiopatoxenia, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 28. Morte por arritmias cardíacas e infarto de miocardio. Etiopatoxenia e diagnóstico necrópsico. Demostración post mortem do infarto de miocardio recente. Métodos encimáticos, bioquímicos e histoquímicos e o seu significado médico-forense.

Tema 29. Insuficiencia cardíaca conxestiva. Insuficiencia cardíaca esquerda e dereita. Etioloxía, fisiopatoloxía, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 30. Alteracións vasculares pulmonares: edema, tromboembolismo, infarto pulmonar e hipertensión pulmonar. Etiopatoxenia, diagnóstico clínico e necrópsico. A atelectasia e o enfisema. Valoración médico-forense destes cadros.

Tema 31. A pneumonía e bronconeumonía. O absceso pulmonar. Etiopatoxenia, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 32. Morte por insuficiencia renal: etioloxía, fisiopatoloxía, formas clínicas, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 33. Morte por insuficiencia hepática: etioloxía, fisiopatoloxía, formas clínicas, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 34. Morte por insuficiencia suprarrenal: etioloxía, fisiopatoloxía, formas clínicas, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 35. Morte por pancreopatías agudas: etioloxía, fisiopatoloxía, cadros clínicos, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 36. Morte por patoloxía do tubo dixestivo. Estudo especial da peritonite aguda.

Tema 37. Morte por sepse: etioloxía, fisiopatoloxía, diagnóstico necrópsico e valoración médico-forense.

Tema 38. Estudo médico-forense do cadáver exhumado: fins e técnicas médico-forenses.

Tema 39. Os destinos do cadáver. A incineración. Principais disposicións legais en materia de policía sanitaria mortuoria vixentes na actualidade nas diferentes comunidades autónomas. Embalsamamento: concepto e lexislación española.

Tema 40. A recomendación nº (99) 3 do Consello de Ministros dos Estados membros da Comunidade Europea, para a harmonización metodolóxica das autopsias medicolegais: consideracións xerais. Principios e regras relacionados cos procedementos de autopsias medicolegais.

V. Psiquiatría forense.

Tema 1. Psiquiatría forense: concepto, obxectivos e evolución histórica. A psiquiatría forense e o dereito penal, civil, laboral, contencioso-administrativo e procesual.

Tema 2. Psicopatoloxía: concepto. Teorías bioloxicistas e xenéticas. Teorías e modelos psicolóxicos: psicoanalítico, condutual, cognitiva e outras.

Tema 3. Conciencia, orientación e atención: concepto. Psicopatoloxía e interese no ámbito forense.

Tema 4. Memoria: concepto e bases neurofisiolóxicas. Psicopatoloxía da memoria e interese no ámbito forense.

Tema 5. Pensamento: concepto. Psicopatoloxía do curso e do contido do pensamento e interese no ámbito forense.

Tema 6. Percepción: concepto. Psicopatoloxía da percepción (ilusións e alucinacións) e interese no ámbito forense.

Tema 7. Afectividade: ansiedade, estado de ánimo, emocións, sentimentos e paixóns. Concepto, psicopatoloxía e interese no ámbito forense.

Tema 8. Frustración e estrés: concepto, reaccións ante a frustración e o estrés e interese no ámbito forense.

Tema 9. Motivación: concepto e clases. Motivación e psicoxénese do acto delituoso.

Tema 10. Linguaxe e comunicación: afasias, xordeira e xordomudez. Interese no ámbito forense.

Tema 11. Intelixencia: concepto. Psicopatoloxía da intelixencia e interese no ámbito forense.

Tema 12. Personalidade: concepto de personalidade, temperamento e carácter. Estrutura da personalidade. Trazos e tipos de personalidade. Interese no ámbito forense.

Tema 13. Diagnóstico en psiquiatría (1): clasificacións internacionais das enfermidades mentais: o DSM V e CIE X, aplicación e utilidade na práctica forense. O diagnóstico no momento da acción.

Tema 14. Diagnóstico en psiquiatría (2): diagnóstico clínico. A entrevista psiquiátrica. Probas paraclínicas e complementarias de tipo analítico, electroneurofisioloxía, radiolóxicas e outras.

Tema 15. Diagnóstico en psiquiatría (3): psicodiagnóstico. Características xerais das probas psicolóxicas con fins diagnósticos e particularidades da súa aplicación e utilidade na práctica forense.

Tema 16. Avaliación dos rendementos intelectuais: avaliación da intelixencia e avaliación neuropsicolóxica. Técnicas máis habituais. Valoración e utilidade na práctica forense.

Tema 17. Avaliación da personalidade: test, cuestionarios e escalas de personalidade máis habituais na práctica forense. A súa valoración e utilidade.

Tema 18. A proba pericial psiquiátrica. Obxectivos, indicacións e técnica. Elaboración do informe psiquiátrico.

Tema 19. Tratamentos en psiquiatría. Modalidades da asistencia psiquiátrica. Tipos de terapéutica máis usuais e os seus aspectos médico-forenses.

Tema 20. Tratamentos en drogodependencias. Opcións e recursos asistenciais, médicos e sociais. Programas de tratamentos externos e en centros de deshabituación.

Tema 21. Tratamento psiquiátrico en réxime de internamento: lexislación española. Clases e indicacións médicas do internamento e cuestións médico-forenses. Intervención do médico-forense no procedemento de internamento.

Tema 22. Imputabilidade: concepto, bases psicobiolóxicas e criterios xurisprudenciais para a súa valoración. Intervención do médico-forense.

Tema 23. Causas psíquicas que modifican a imputabilidade segundo o Código penal español. Cuestións médico-forenses.

Tema 24. As medidas de seguridade (1): concepto, fundamento e fins. Clases de medidas de seguridade. Avaliación médico-forense en cada unha delas.

Tema 25. As medidas de seguridade (2): análise das medidas de seguridade privativas de liberdade: internamento en centro psiquiátrico, centro de deshabituación e centro educativo especial. Análise das medidas de seguridade non privativas de liberdade: tratamentos externos ou ambulatorios en centros médicos ou establecementos de carácter socio-sanitario.

Tema 26. Concepto de persoas con discapacidade e/ou persoas que precisan especial protección, no Código penal. A esterilización de enfermos psíquicos: concepto, regulación legal, indicacións médicas e intervención do médico-forense no proceso civil de esterilización.

Tema 27. Capacidade civil: concepto. Causas de incapacidade. Procedemento de incapacitación e intervención do médico-forense nel. Actos de especial transcendencia para efectos civís.

Tema 28. Psicoloxía e psicopatoloxía das declaracións, confesións e testemuños prestados nos procesos xudiciais.

Tema 29. Trastornos do desenvolvemento intelectual ou discapacidades intelectuais: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 30. Delirios, demencias, trastornos amnésicos e outros trastornos neurocognoscitivos: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 31. Trastornos mentais debidos a enfermidades médicas por lesión ou disfunción cerebral. Epilepsias: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 32. Trastornos relacionados con substancias psicoactivas. Concepto e clasificación das drogas e substancias. Cadros clínicos por consumos e inducidos por substancias. Aspectos médico-forenses.

Tema 33. Trastornos relacionados con alcohol: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 34. Trastornos relacionados con opiáceos e cocaína: Cadros clínicos, evolución e aspectos médico-forenses.

Tema 35. Trastornos relacionados con alucinóxenos. Con cánnabis, con anfetaminas e con substancias derivadas destas ou de acción similar. Cadros clínicos, evolución e aspectos médico-forenses.

Tema 36. Trastornos psicóticos (1): esquizofrenia: subtipos clínicos, cursos evolutivos e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 37. Trastornos psicóticos (2): trastorno delirante: clínica, evolución, tratamento e aspectos médico-forenses.

Tema 38. Trastornos do estado de ánimo: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 39. Trastornos de ansiedade: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses. Trastorno por estrés postraumático.

Tema 40. Trastornos con síntomas somáticos: trastorno de conversión e facticio: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 41. Disforia de xénero. Parafilias: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 42. Trastornos destrutivos do control dos impulsos e da conduta de maior interese no ámbito médico-forense: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 43. Trastornos da personalidade (1): concepto, características xerais e clasificación. Tipos clínicos, evolución, prognóstico e tratamento.

Tema 44. Trastornos da personalidade (2): trastorno paranoide, trastorno esquizoide e trastorno esquizotípico da personalidade. Clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 45. Trastornos da personalidade (3): trastorno antisocial, trastorno límite da personalidade (borderline): clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 46. Trastornos da personalidade (4): histriónico, narcisista, evitación, dependencia, obsesivo-compulsivo. Clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 47. Trastornos do comportamento e das emocións de comezo habitual na infancia e na adolescencia: o trastorno hipercinético e o trastorno disocial. Clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 48. Estudo médico-forense dos trastornos da conduta alimentaria (anorexia, bulimia, ortorexia) e das diversas patoloxías derivadas das situacións de acoso (laboral, escolar...).

Tema 49. Dano psíquico en vítimas de violencia de xénero. Principais alteracións. Valoración médico-forense.

ANEXO III

Instrucións para a cubrición do proceso de inscrición

LEA ATENTAMENTE E SIGA AS SEGUINTES INSTRUCIÓNS.

MOI IMPORTANTE: a inscrición neste proceso selectivo (o que comprenderá a cubrición da instancia, o aboamento da taxa e a súa presentación) REALIZARASE POR VÍA ELECTRÓNICA.

• Acceso.

O impreso é o modelo 790-código 007, en cuxa parte superior figura «solicitude de admisión a probas selectivas da Administración pública e liquidación da taxa de dereitos de exame», que estará dispoñible no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es) ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es), dentro do separador «Cidadáns», sección «Emprego público, corpo de médicos forenses».

O aspirante que solicita presentarse ao proceso selectivo deberá dispor dun certificado dixital válido de persoa física (máis información en http://firmaelectronica.gob.es e en https://www.dnielectronico.es/).

• Solicitude.

– Casa 15. Deberá constar o corpo.

– Casa 16. Deberá consignarse NINGUNHA.

– Casa 17. Forma de acceso. Deberá constar «L» para indicar quenda libre.

– Casa 20. Provincia de exame. Indique o ámbito territorial polo cal desexa concorrer dos previstos na base 1.1, facendo constar a correspondente localidade onde se realizarán os exercicios da fase de oposición e o seu respectivo código, de acordo co seguinte cadro:

Ámbito territorial

Provincia de exame (localidade)

Código localidade

Andalucía

Sevilla

41

Aragón

Zaragoza

50

Asturias

Oviedo

33

Canarias

Las Palmas

Tenerife

35

38

Cantabria

Santander

39

Cataluña

Barcelona

08

Comunidade Valenciana

Valencia

46

Galicia

A Coruña

15

La Rioja

Logroño

26

Madrid

Madrid

28

Navarra

Pamplona

31

País Vasco

Araba/Álava-Bizkaia (Vitoria-Bilbao)

97

Ámbito de xestión do Ministerio de Xustiza

Albacete

Cáceres

Madrid - M. Xustiza

Murcia

Illes Balears (Palma de Mallorca)

Valladolid

02

10

98

30

07

47

Os aspirantes deberán seleccionar a localidade do ámbito polo cal concorren como provincia de exame, aínda que poderán ser examinados noutra sede, segundo se determine posteriormente.

Os aspirantes que opten polo ámbito territorial da Comunidade de Madrid indicarán o código 28, mentres que os que opten polo ámbito competencial do Ministerio de Xustiza, pero queiran ser examinados na localidade de Madrid, indicarán o código 98 Madrid-M. Xustiza.

Os aspirantes que, optando por unha destas provincias de exame, na súa instancia de participación inicial non especifiquen o ámbito polo cal concorren, ou opten por un ámbito non convocado, non poderán ser admitidos.

– Casas 21 a 23. Aspirantes con discapacidade.

Casa 21. Grao de discapacidade. Os aspirantes con discapacidade poderán indicar o grao de discapacidade que teñan recoñecido, opten ou non pola cota de discapacidade.

Casa 22. Cota de reserva para persoas con discapacidade. Deberán marcar o valor «SI» os aspirantes con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que opten polas prazas da cota de reserva para persoas con discapacidade, segundo se indica na base 1.2, «Reserva discapacidade».

Casa 23. Adaptación que solicita en caso de discapacidade. Neste cadro expresaranse, se for o caso, as adaptacións de tempo e medios que poidan requirir, a fin de que o tribunal conte coa necesaria información para a adaptación da realización dos exercicios. Deberase achegar, ademais, un ditame técnico facultativo actualizado acerca da procedencia da adaptación solicitada, emitido polo órgano técnico de valoración que determinou o grao de discapacidade, no cal conste expresamente a adaptación que corresponde ao interesado en cada un dos exercicios segundo as súas circunstancias persoais. Esta adaptación pódena solicitar todos os aspirantes con discapacidade, con independencia de que accedan ou non pola cota de discapacidade.

– Casa 24. Titulación. Seleccione a titulación de acordo co establecido na convocatoria.

– Acreditación de lingua autonómica e/ou dereito civil vasco. Casa 25, «Datos que se consignarán segundo as bases da convocatoria». Aqueles que desexen realizar as probas optativas escribirán a palabra «Realiza» no cadro correspondente ao tipo de proba, os que desexen acreditar documentalmente os seus coñecementos escribirán «Documenta» e os que se acollan a ambos os sistemas, nos termos da convocatoria, indicarán «Documenta e realiza».

• Pagamento e presentación.

Unha vez cuberta a solicitude, procederase ao pagamento electrónico e ao rexistro, segundo as instrucións que se indican. En caso de que non se poida realizar o pagamento por non dispor de conta en ningunha das entidades colaboradoras adheridas á pasarela de pagamento da Axencia Tributaria, ou cando resulte imposible a inscrición electrónica por razóns técnicas, poderase realizar a presentación e pagamento en papel conforme o establecido na base quinta, acreditando documentalmente a dita imposibilidade.

A constancia do correcto pagamento da taxa estará avalada polo número de referencia completo (NRC) emitido pola AEAT que figurará no xustificante de rexistro.

Presentación e pagamento electrónicos:

– Deberá dispor dun certificado electrónico, acceder ao portal web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es), dentro do separador «Cidadáns», sección «Emprego público», corpo de forenses, e seguir as instrucións previstas.

– Mediante esta opción realizaranse electronicamente os trámites de cubrición do formulario, pagamento e presentación no Rexistro Electrónico do Ministerio de Xustiza.

– Como resultado poderase descargar un documento cos comprobantes do pagamento e do rexistro da solicitude, asinado electronicamente, que servirá de xustificante de que se realizou correctamente.

– A persoa que solicita presentarse ao proceso selectivo será quen deba realizar o rexistro da súa solicitude.

Presentación e pagamento presencial:

– Deberá ter habilitada a execución de JavaScript no seu navegador.

– Mediante esta opción realizarase electronicamente o trámite de cubrición do formulario.

– Como resultado poderanse imprimir os tres exemplares do formulario: «exemplar para o interesado», «exemplar para a Administración» e «exemplar para a entidade colaboradora».

– Presente os tres exemplares desta solicitude en calquera das entidades bancarias que actúan como entidades colaboradoras da recadación tributaria (non é preciso ter conta aberta).

– A entidade colaboradora deberalle devolver, debidamente selados, o «exemplar para o interesado», que servirá como xustificante de pagamento, e mais o «exemplar para a Administración».

– O «exemplar para a Administración» desta solicitude deberase entregar nalgún dos rexistros indicados na convocatoria, que o devolverán selado e, se for o caso, tamén selarán o «exemplar para o interesado». Este selo do rexistro servirá como xustificante da presentación.

– As solicitudes presentadas no estranxeiro poderanse cursar a través das representacións diplomáticas ou consulares correspondentes. Xuntarase a elas o xustificante bancario de que se fixo o ingreso polos dereitos de exame na conta que figure na convocatoria.

• Exención ou redución de taxa.

As persoas que desexen acollerse á exención ou redución da taxa e deban presentar a documentación acreditativa que se indica na base 5.4 desta convocatoria poderán autorizar o órgano xestor para que poida verificar esta condición mediante o acceso á plataforma de intermediación de datos das administracións públicas ofrecido a través do servizo Inscrición en Probas Selectivas, respecto dos seguintes documentos:

– Os acreditativos de grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % cando a condición de discapacidade fose recoñecida nalgunha das comunidades autónomas que figuran no enderezo http://administracion.gob.es/PAG/PID.

– A certificación relativa á condición de demandante de emprego. IRPF para verificar as rendas.

– A achega do título de familia numerosa cando este fose obtido nalgunha das comunidades autónomas que figuran no enderezo http://administracion.gob.es/PAG/PID.

No caso de NON LLE PRESTAR O CONSENTIMENTO ao órgano xestor, non se deberá marcar a casa que aparece para tal efecto na solicitude e deberanse presentar os documentos acreditativos canda a instancia de solicitude.

Así mesmo, os demais documentos que se indican na base 5 deberanse fornecer en todo caso canda a solicitude.

A falta de xustificación do aboamento dos dereitos de exame ou de estar exento determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación e pagamento da taxa dos dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.