Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 509/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 509/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Betsabé García Patiño contra Gestió Illahotels, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 509/2018, en que son parte, como demandante, Ana Betsabé García Patiño, asistido polo letrado Sr. Labella Lozano, e, como demandada, Gestió Illahotels, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, no nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Ana Betsabé García Patiño contra Gestió Illahotels, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 8.676,96 euros.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, contra a cal cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu, ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou que non goce do beneficio da xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gestió Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza