Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31259

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2019 pola que se publica o resultado da décima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural (MR709A).

Mediante a Resolución do 14 de decembro de 2018 convocouse, mediante tramitación anticipada de gasto, a décima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 31, do 13 de febreiro de 2019).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 80.000 € que se imputou ás contas orzamentarias 14.A1.712A.770.0 e 14.A1.712A.781.0.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia o resultado da décima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, convocada mediante a Resolución do 14 de decembro de 2018.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Beneficiario

Finalidade da subvención

Importe

Xosé Santiago Martínez Fariñas

Centro de ocio que promove a educación ambiental e artística

10.000 €

Fundación Eduardo Pondal

Promoción da cultura a través da figura Eduardo Pondal

10.000 €

Asociación Carabelo

Programa de apoio integral ás familias

10.000 €

Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel

Desenvolvemento territorial baseado na promoción do patrimonio xeolóxico

10.000 €

SAT A Pementeira

Comercialización de pemento e produtos derivados

10.000 €

Gráficas Salnés, S.L.

Fabricación de caixas forradas

10.000 €

Polyesteres Bidasoa, S.L.

Incorporación das mulleres do contorno rural na industria

10.000 €

Amarelante, Sociedade Cooperativa Galega

Recuperación de soutos abandonados para o aproveitamento comercial de castañas

10.000 €