Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de notificación ao propietario do predio coa referencia catastral 36015C503055660000BH para a xestión da biomasa vexetal.

De conformidade co disposto no ordinal oitavo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigacións de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies árboreas, impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando as persoas responsables sexan descoñecidas, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados dispoñerán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, mediante a comparecencia nas dependencias municipais, na praza da Constitución, nº 4, Cuntis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Cuntis, 12 de xuño de 2019

Manuel Campos Velay
Alcalde

ANEXO

Expediente: 995/2019.

Interesado: Juan Peña Ducio.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de obrigacións en materia de xestión de biomasa vexetal.

Referencia catastral: 36015C503055660000BH.