Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31297

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 24 de xuño de 2019 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

Mediante a Orde do 22 de outubro de 2018 e mediante a Orde do 26 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 7 de novembro de 2018, e núm. 46, do 6 de marzo de 2019, respectivamente) convocouse concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

En aplicación do establecido no artigo 10 da Orde do 22 de outubro de 2018, e en uso da autorización que figura na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, do 23 de abril, que regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de abril),

DISPOÑO:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado polas referidas ordes.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 10.3, os postos adxudicados serán con carácter definitivo, polo que as persoas seleccionadas se deberán incorporar con data do 1 de setembro de 2019, tras cesar no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO

Especialidade

EOE

Nº de puestos

DNI

Apelidos e nome

Altas capacidades intelectuais

A Coruña

1

***0893**

Afonso Vilas, María Cristina

Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

A Coruña

1

***1356**

Bedoya Bouza, Rosa María

Trastornos graves de conduta

A Coruña

1

***7828**

Fernández Mosquera, María Victoria

Discapacidade motora

Lugo

1

***3619**

González Ferreiro, María Nila

Trastornos graves de conduta

Pontevedra

1

***5101**

Teijeira Bautista, Eloísa

Orientación vocacional e profesional

Lugo

1

Deserta

Discapacidade sensorial

Ourense

1

Deserta