Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31151

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio de interposición de recurso contencioso-administrativo (4111/2019).

Neste órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo número 4111/2019 polo procurador Luís Arredondo Sanz, en nome e representación de Promociones La Lanzada, S.A., fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, contra o Decreto 38/2019, do 14 de marzo, polo que se aproba a catalogación dos tramos urbanos e naturais das praias de Galicia.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 13.6.2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se condede un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 13 de xuño de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza