De conformidade coa disposición adicional cuarta da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (BOE núm. 59, do 10 de marzo) modificada pola Lei 13/2010, do 5 de xullo (BOE núm.163, do 6 de xullo), faise público que, por espazo de tres (3) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta ao público a documentación correspondente ás solicitudes de exclusión do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro das instalacións de pequeno tamaño recibidas na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático que se relacionan no anexo deste anuncio.
Coa finalidade de que calquera interesado poida consultalas e, de ser o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes, a documentación poderá consultarse:
– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:
(http://cmatv.xunta.gal>>Medio ambiente e sostibilidade>>Clima e meteoroloxía>>Máis >>Documentos en información pública).
– Nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2019
Mª Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
Anexo
Listado de solicitudes de exclusión do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro de instalacións de pequeno tamaño recibidas:
Nº expediente |
Nome da instalación |
Localidade |
2021-25/031 |
Campo Brick, S.L. |
Mesía |
2021-25/042 |
Cerámica da Moura, S.L. |
Tui |
2021-25/044 |
Cerámica La Manchica, S.L. |
A Merca |
2021-25/064 |
Tejas Verea, S.A. |
Mesía |
2021-25/012 |
Cerámicas del Miño Carmen Ubeira y Cía, S.L. |
Salvaterra de Miño |
2021-25/005 |
Papelera de Brandía, S.A. |
Santiago de Compostela |
2021-25/030 |
Refractarios Campo, S.L. (anteriormente denominada Nueva Cerámica Campo, S.L.) |
Sanxenxo |
2021-25/032 |
Epifanio Campo, S.L. |
A Laracha |
2021-25/078 |
Planta de Producción de Biodiésel de Masol Iberia Biofuel, S.L.U. |
Ferrol |