Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31148

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 19 de xuño de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 25 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 15 de abril).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 25 de marzo de 2019 (DOG núm. 73, do 15 de abril), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 25 marzo de 2019.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino a funcionaria está a gozar un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contarse a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Vázquez Rivas, Nuria Isabel.

NRP: ****654368 A2051.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: Servizo Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Código: PS.C99.10.000.27001.160.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.