Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública do Plan parcial S-I4-Calvo (expediente 2017/X999/001621).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 3 de xuño de 2019, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado SUR-D/S-I4/AR S-I4 do PXOM (Calvo), con reaxuste da súa delimitación, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (col. 3194 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (col. 3877 COAG) e polo enxeñeiro industrial Manuel Breijo Cotelo (col. 5040 COIIG); cuxo promotor é Calvo Conservas, S.L.U.

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses, en cumprimento dos artigos 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser ocaso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos ou para aqueles titulares dos cales se descoñece o enderezo.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do concello na seguinte ligazon:

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla 

Carballo, 18 de xuño de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde