Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0081/2019-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0081/2019-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 14 de xuño de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0081/2019-PPM

32667414P

Inicio

R/ Curros Enríquez, 22, Mugardos

PSC-FE-0083/2019-PPM

32711167S

Inicio

Avda. 19 de Febrero, 2, baixo, esq., Ferrol

PSC-FE-0090/2019-PPM

32674657Y

Inicio

R/ Illa da Toxa, 7, 3º esq., Ferrol

PSC-FE-0092/2019-PPM

32716700M

Inicio

R/ Masaya, 5, 7º Ad, Ferrol

PSC-FE-0093/2019-PPM

43555538R

Inicio

Urbanización Fonte da Cruz, bl. B, 1º esq., Narón

PSC-FE-0098/2019-PPM

32681717M

Inicio

Pardo de Cela, 3, A Coruña

PSC-FE-0105/2019-PRE

79346116A

Inicio

Estrada do Peirao, 2, Fene

PSC-FE-0113/2019-PPM

32697492W

Inicio

Pazos, s/n, Ferrol

PSC-FE-0115/2019-PPM

32709971S

Inicio

R/ Mestre López Dafonte, ptl. P, 3º esq., Ferrol

PSC-FE-0116/2019-PPM

32681131V

Inicio

R/ Mugardos, 8, 1º D, Ferrol