Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación no expediente PR905A 2019/281 e un máis.

Intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes, esta non se puido efectuar. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselles o requirimento de documentación ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se comunica ás persoas interesadas que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas se non presentan a documentación que se lles require no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE se lles terá por desistida da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 13 de xunio de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2019/281.

Interesado/a: 54676380K.

Acto notificado: requirimento de documentación relativa a solicitude de axuda presentada ao abeiro da Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Expediente: PR905A 2019/317.

Interesado/a: 32941804P.

Acto notificado: requirimento de documentación relativa a solicitude de axuda presentada ao abeiro da Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.