Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30915

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 35/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 35/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Rivas Camba contra Comercial Senra, S.A. e Senra Alquiler y Venta, S.L., sobre ordinario, se ditou o Decreto do 11 de xuño de 2019, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Comercial Senra, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza